Doctor Strange é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Scott Derrickson. Baséase no personaxe de Marvel Comics Doctor Strange e foi producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Foi o décimo cuarto filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU). O guión foi escrito por Jon Spaihts e C. Robert Cargill, e está protagonizado por Benedict Cumberbatch no papel do cirurxián Stephen Strange, xunto con Chiwetel Ejiofor, Rachel McAdams, Benedict Wong, Michael Stuhlbarg, Benjamin Bratt, Scott Adkins, Mads Mikkelsen e Tilda Swinton. No filme, Strange aprende os segredos das artes místicas logo de que a súa carreira como doutor rematase nun accidente de coche.

Varias adaptacións de Doctor Strange estiveron en fase de desenvolvemento dende mediados da década de 1980, até que Paramount Pictures adquiriu os dereitos cinematográficos en abril de 2005 en nome de Marvel Studios. Thomas Dean Donnelly e Joshua Oppenheimer foron incorporados no proxecto en xuño de 2010 para escribir o guión. En xuño de 2014, Derrickson foi contratado como director, xunto con Spaihts para reescribir o guión. Cumberbatch foi escollido para o papel epónimo en decembro de 2014, precisando dun cambio de calendario para non interferir nos seus outros compromisos. Isto permitiulle ó propio Derrickson ter tempo para traballar el mesmo no guión, coa axuda de Cargill. A fotografía principal comezou en novembro de 2015 no Nepal, antes de trasladarse ó Reino Unido e a Hong Kong, rematando na cidade de Nova York en abril de 2016.

Doctor Strange estreouse en Hong Kong o 13 de outubro de 2016, e lanzouse nos Estados Unidos o 4 de novembro en 3D e IMAX 3D. O filme recadou máis de 677 millóns de dólares en todo o mundo, foi louvado polos seus efectos visuais e o elenco, e foi nomeado nos Premios Óscar na categoría de mellores efectos visuais. A súa secuela, Doctor Strange in the Multiverse of Madness, está programada para a súa estrea o 7 de maio de 2021.

Personaxes miniatura|De esquerda a dereita: Cumberbatch, Derrickson, Swinton, McAdams, Ejiofor, Mikkelsen e Wong na Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego de 2016. Benedict Cumberbatch como Dr. Stephen Strange Chiwetel Ejiofor como Karl Mordo Rachel McAdams como Christine Palmer Benedict Wong como Wong Michael Stuhlbarg como Nicodemus West Benjamin Bratt como Jonathan Pangborn Scott Adkins como Lucian Mads Mikkelsen como Kaecilius Tilda Swinton como Ancient One

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2016 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Scott Derrickson Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción de 2016 Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre temas médicos Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados no Nepal Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Hong Kong Categoría:Filmes de Shepperton Studios Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes ambientados en 2015 Categoría:Filmes ambientados en 2016 Categoría:Filmes ambientados en 2017 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes ambientados no Nepal Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX