miniatura|230px|Vista do centro da cidade. Cela é unha cidade e municipio da provincia de Cuanza Sul, en Angola.
Xeografía miniatura|230px|Situación de Cela en Angola. O municipio abarca unha extensión de 5 525 km².
En xullo de 2018 tiña unha poboación estimada de 252 852 habitantes,Información demográfica de Angola . Consultado o 14 de setembro de 2019. polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 45,77 hab./km²
Encóntrase situado no centro-oeste do país, ao sur de Luanda, cerca do río Cuanza e da costa do océano Atlántico. Limita ao norte co municipio da Quibala, ao leste co municipio do Andulo, ao sur cos municipios de Bailundo e Cassongue, e ao oeste cos municipios de Seles e Ebo.
Comprende as comunas de: Waco Kungo (Uaco Cungo, en portugués), Quissanga Kungo, e Sanga.
A sede do municipio é Waco Kungo.
Historia Desde o século XVI, partes cada vez máis grandes de Angola quedaron baixo o dominio do Imperio colonial portugués.
No contexto das reformas administrativas do gobernador de Angola, Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho (1726-1780), a provincia de Cuanza Sul foi fundada en 1769, e Cela converteuse nun distrito da provincia.Kwanza-Sul en info-angola.ao . Consultado o 21 de setembro de 2019.
Durante a Guerra civil angolana (1975-2002) Cela foi o escenario de intensos combates. Ademais das batallas, minas terrestres antipersoa no territorio provocaron unha diminución de toda a actividade económica, especialmente da agricultura. Despois do final da guerra civil, o regreso dos habitantes fuxidos e a recuperación da agricultura comezou lentamente. Diversos programas de apoio público tenderon a reducir a fame e a pobreza na cidade, a través de comedores escolares, atención médica mellorada, microcréditos e unha gran variedade doutras medidas.Artigo do 27 de decembro 2013 da Agência Angola Press. Consultado o 21 de setembro de 2019. Dende 2012 varios proxectos de novas vivendas abordárose no municipio, especialmente nas comunas de Sanga e Quissanga-Kungo.Município da Cela vai ganhar 50 casas evolutivas . Rádio Nacional de Angola. Consultado o 21 de setembro de 2019.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cuanza Sul Waco Kungo
Categoría:Cidades de Angola Categoría:Municipios de Angola