Sitti Raya Kusumowardani, nada en Bojonegoro (Jawa Timur) o 11 de xullo de 1935 e finada en Iacarta o 24 de outubro de 2011, foi unha xornalista e escritora indonesia en lingua malaia, coñecida co pseudónimo de Titie Said.

Traxectoria

Estudou en Malang e na Universidade de Indonesia. En 1958 comezou a traballar como xornalista nunha revista feminina. Foi editora das revistas Kartini e Famili. Dirixiu o Servizo Indonesio de Censura no Cinema en dúas etapas, de 2003 a 2006 e de 2006 a 2009.

Escribiu máis de 25 novelas, entre elas Jangan Ambil Nyawaku ("Non tomes a miña vida"), Reinkarnasi ("Reencarnación"), Fatima, Ke Ujung Dunia ("Ata a fin do mundo") e Prahara Cinta ("Tempestade de amor"). Varios dos seus libros foron levados ao cinema.

Faleceu no Hospital Medistra de Iacarta logo dun ictus.

Notas

Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados na provincia de Xava Oriental Categoría:Finados en 2011 Categoría:Escritores de Indonesia Categoría:Escritores en lingua malaia Categoría:Xornalistas de Indonesia Categoría:Alumnos da Universidade de Indonesia