A competencia comunicativa fai referencia á habilidade para falar e entender unha lingua, aínda que non equivale exactamente ó concepto de competencia lingüística.

En lingüística e, en particular, no ensino e aprendizaxe de linguas, refire o coñecemento gramatical (fonolóxico, morfolóxico e sintáctico, i.e. competencia lingüística) ademais do coñecemento social requirido para usar de maneira adecuada as formas dunha lingua en relación coa función que cumpren, isto é, o saber como, onde e cando usar os enunciados apropiados para un determinado propósito.

O termo foi acuñado por Dell Hymes en 1966 en relación á dicotomía de Noam Chomsky's (1965) entre linguistic competence (competencia lingüística) e performance (realización lingüística/actualización lingüística). A aproximación de Hymes foi coñecida como "etnografía da comunicación".

A noción of competencia comunicative é usada en particular nas abordaxes coñecidas como aproximacións comunicativas ó estudo de linguas estranxeiras. Existen polo menos tres modelos. O primeiro cronoloxicamente é o modelo de Canale e Swain e o subseguinte de Canale. Nun segundo modelo, o contido sociocultural aparece máis precisamente especificado por Celce-Murcia, Dornyei, e Thurrell en 1995. Entendían que a competencia comunicativa incluía cinco diferentes subtipos de competencia, a saber, a lingüística, a estratéxica, a sociocultural, a de acción e a discursiva. O terceiro modelo usado no Canadá é o de Bachman e Palmer.

A comprensión da denominada "competencia comunicativa" foi influenciada pola pragmática e a filosofía da lingua, incluído o traballo no campo dos actos de fala.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Comunicación Categoría:Sociolingüística