Porto Amboim é unha cidade e municipio da provincia de Cuanza Sul, en Angola.

Xeografía Limita ao norte co municipio de Quiçama, ao leste cos municipios de Quilenda e Amboim, ao sur co municipio do Sumbe, e ao oeste polo océano Atlántico.

O concello ten unha superficie de 3 646 km² e, no ano 2006 tiña unha poboación estimada de 136 729 habitantes, polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era duns 37,5 hab./km².

Está constituído polas comunas de Porto Amboim (sede) e Kapolo.

Historia Orixinariamente, Porto Amboim era coñecido como Kissonde ou Quissonde un pequeno poblo que os portugueses colonizaron en 1587, e lle deron o nome de Benguela, e máis tarde Benguela Velha, debido á creación doutro pobo hoxe coñecido como Benguela, cidade que está situada a 350 km ao sur de Benguela Velha.

Tivo un período de estancamento desde finais da Idade Moderna até os anos 20 en que o asentamento foi base para a expansión do cultivo do café. Nesa década, en 1923, o nome foi cambiado a Porto Amboim.miniatura|250px|Unha rúa de Porto Amboim.|esquerdaHoxe (2014), Porto Amboim é unha das áreas de crecemento para a industria off shore. A capa de presalDenomínase capa de presal a unha serie de formacións xeolóxicas diacrónicas nas plataformas continentais de concas extensionais formadas despois da separación de Gondwana, caracterizadas pola deposición de capas grosas de evaporitas, maioritariamente sal. fronte á costa de Angola, con Porto Amboim no centro, é unha área de desenvolvemento planificada, con empresas como Paenal, unha empresa conxunta entre Sonangol, SBM & DSME e Heerema Porto Amboim, os dous principais estaleiros de fabricación para buques de mar a fóra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cuanza Sul Comunas de Angola Lista de municipios de Angola por poboación

Categoría:Cidades de Angola