, nado en Tokuyama (hoxe Shūnan, na Prefectura de Yamaguchi) o 29 de xaneiro de 1962, é un deseñador, animador e artista manga xaponés, e un dos membros fundadores do estudio de anime Gainax.

Traxectoria Antes de que Gainax fose fundado co seu nome oficial (anteriormente coñecíase como Daicon Film), Yoshiyuki traballou como animador no segundo proxecto de animación, o Daicon IV. O seu primeiro traballo como deseñador de personaxes en Gainax foi para Royal Space Force: The Wings of Honnêamise, lanzado en 1987. Dende entón, Sadamoto ten acreditadas moitas obras de sona, sendo a máis recoñecible Neon Genesis Evangelion, onde traballou como deseñador de personaxes. Os tres filmes máis recentes de Yoshiyuki inclúen Toki o Kakeru Shōjo (2006), Samā Wōzu (2009) e Ōkami Kodomo no Ame to Yuki (2012).

Véxase tamén Bibliografía Yuki, Masahiro. "The Official Art of .hack//Roots". (maio de 2007) Newtype USA. pp. 101–107.

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Debuxantes de manga