Francisco Javier Fernández Davila, coñecido como Fran Fernández Davila, nado en Canido en 1974, é un enxeñeiro e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Enxeñaría de Minas e Enerxía e cun MBA en Responsabilidade Social Corporativa na Universidade de Vigo, traballa ligado ao mundo do frío industrial dende o ano 2000. Comezou a escribir no ano 2016 asistindo a diversos obradoiros de formación con Clara do Roxo, Antón Riveiro Coello, Suso de Toro, José Monteagudo, Antonio García Teijeiro, Silvia Penas, Estíbaliz Espinosa, Baldo Ramos e Míriam Ferradáns entre outras.

Declarado fan de Alessandro Baricco, é autor de cinco novelas e tres poemarios individuais, amén de máis dunha ducia de participacións en publicacións colectivas e trinta premios literarios.

Obras Narrativa A senda de sal (2017). Vigo: Editorial Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9151-088-8. Alana (2018). Noia: Editorial Toxosoutos. 98 páxs. ISBN 978-84-948966-1-3. Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas (2023). Allariz: Fundación Vicente Risco. 165 páxs. ISBN 978-84-127163-4-4. Groenlandia (2023). Vigo: Literaria, Galaxia. 280 páxs. ISBN 978-84-1176-173-4.

Infanto-xuvenil O bosque do duque. ‘s-Hertogenbosch (2022). Vigo: Editorial Galaxia. 222 páxs. ISBN 978-84-9151-806-8. Principio de superposición (2026). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-1110-761-7. ePub: ISBN 978-84-1110-780-8. Quero ser coma Vero Boquete (2026). Vigo: Xerais. Ilustracións de María Brenn. 192 páxs. ISBN 978-84-1110-827-0. ePub: ISBN 978-84-1110-845-4. Poesía Mover os marcos (2019). Instituto de Estudos Miñoráns. 55 páxs. ISBN 978-84-09-15143-1. koиpostэla (2023). Concello de Padrón. 96 páxs. ISBN 978-84-9812-414-9. palabras mortas (2024). Medulia Editorial. 68 páxs. ISBN 978-84-19438-96-6. atravesar o don (2025). Editorial Caldeirón. 82 páxs. ISBN 978-84-12806-95-3. albatros, título real non pronunciable (2025). Editorial TrisTram. 104 páxs. ISBN 978-84-89377-24-0.

Obras colectivas Relatos na Rúa IV, 2017, Editorial Elvira. Revista Grial vol. 215, 2017, Editorial Galaxia. VI Certame de Relato Curto, 2018, FANPA e Kalandraka Editora. Premio 2018 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, 2018, Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e Edicións Xerais. Relatos na Rúa V, 2018, Editorial Elvira. XXIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, 2018, Concello de Paradela e Deputación de Lugo. Relatos na Rúa VI, 2019, Editorial Elvira. Tecido de Voces, 2021, Concello de Rianxo e Editorial Toxosoutos. Relatos na Rúa VIII, 2021, Editorial Elvira. XIX Certame Literario Concello de Ames, 2022, Concello de Ames. XII Certamen Nacional de Escritores Ingenieros de Minas, 2022, Ediciones KRK. XX Certame Literario Concello de Ames, 2023, Concello de Ames. X Certame de Relato Curto, 2024, FANPA e Kalandraka Editora. Certame de Poesía Rosalía de Castro (2019-2023), 2024, Xunta de Galicia. Certame Literario Exeria de Relato Breve (2021-2024), 2024, Ateneo Atlántico.

Premios Finalista no IX Premio de poesía Victoriano Taibo en 2016 por Capetón. X Certame Literario Terras de Chamoso no 2016, segundo premio na modalidade de poesía, por Princesa de Fukushima. I Certame de Poesía Enxeñería Sen Fronteiras no 2016, primeiro premio, por Capetón. XLIX Concurso Literario Casino Ateneo de Béjar no 2016, segundo premio, por Aliento de Bronce. Concurso de Relato Curto A Cividade de Mos no 2017, primeiro premio, por O Premio. V Concurso Microcatrorelato no 2017, premio do xurado, por As balas de Koch. IV Certame de Relatos Vigo Histórico, 2017, accésit, por A pel do corazón. XIV Concurso Dillo a quen maltrata do concello de Lalín no 2017, primeiro premio, por Radiografía da Parroquia. XVII Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2017, por A senda de sal, publicada pola Editorial Galaxia na colección Literaria. XXIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López no 2018, mención de honra na modalidade de narrativa, por O Faro, conto de mar espeso. Certame de Relato Curto da Universidade de Vigo no 2018, primeiro premio, por K.A.R.M.A.. Certame de Poesía da Universidade de Vigo no 2018, primeiro accésit, por Dama de Auga. VI Certame de Relato Curto da FANPA, no 2018, finalista destacado, por O faro. XVII Certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos do Concello de Noia no 2018, por Alana. VI Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa no 2018, primeiro premio, por Trashumántica. XVII Certame de Relato Curto Concello de Mugardos no 2019, primeiro premio, por O Mendigo. XII Premio de poesía Victoriano Taibo no 2019, por Mover os Marcos. VII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galicia en Gipuzcoa no 2019, terceiro premio, por A miña pel en tatuaxes. XXXIII Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2019, primeiro premio, por Poemas d Aeroporto. XXXIV Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2020, accésit, por O matrimonio é unha nasa. IX Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro de Negreira no 2020, finalista, por mICROrREtRaTOs. I Concurso De Relatos e Poemas "Letras Con Morriña" da Arxentina no 2020, primeiro premio, co poemario en galego e inglés Puerto Deseado. XI Concurso de Relatos de Inspiración Científica -Inspiraciencia- do Ministerio de Ciencia e Innovación no 2021, primeiro premio, por Lúa Negra. XV Certame Literario Terras de Chamoso no 2021, segundo premio na modalidade de narrativa, por Rexina. XIX Certame Literario Concello de Ames no 2022, segundo premio na modalidade de narrativa, por A extinción dos homes. VIII Certame de Poesía María Mariño de Teo no 2022, primeiro premio, por The walking verses ou o ataque dos poemas zombis. VI Certame Vilarinhas no 2022, segundo premio. Finalista no IV Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán no 2022, por De tuin der lusten, Tríptico do Big Bang. XII Certame de Escritores Ingenieros de Minas no 2022, primeiro premio, por Capricornio. XXXVI Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2022, primeiro premio, por Incendios. IX Certame Poético Rosalía de Castro do Concello de Padrón no 2023, por koиpostэla. VIII Premio de Novela Curta Antón Risco no 2023 por Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas. XX Certame Literario Concello de Ames no 2023, primeiro premio na modalidade de poesía, por Sobre as linguas en Comala. XVII Premio Narrativa Breve Repsol no 2023, por Groenlandia. XII Premio de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro do Concello de Negreira no 2023, por palabras mortas. XXII Premio de Poesía Concello de Marín no 2024, por [up / in the air] historia dun traxecto en avión a belgrado . X Certame de Relato Curto FANPA, 2024, finalista por Captain Janeway. IV Certame Exeria de Relato Curto do Ateneo Atlántico e a Fundación Xoán Piñeiro, 2024, primeiro premio, por O derradeiro alento do boi. VII Certame de poesía Torre de Caldaloba, 2024, primeiro premio, por Albatros (título real non pronuciable). XIX Certame de poesía erótica Illas Sisargas, 2024, por atravesar o don. XXVIII Certame Literario de Piñor, 2025, por DEUS vs SGAE. IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, 2025, O Muro. (Quero ser coma Vero Boquete (2026). Vigo: Xerais). 2025: Premio Literario Camilo José Cela de narrativa por A lingua dos ósos. O xurado destacou “a complexidade temática do relativo, o estilo pulido e a combinación dunha voz que combina a crudeza dunha realidade afastada pero universal, con acenos líricos ben acaídos e que reflicten o cambio de paradigma do momento que vivimos a nivel socio-político”. 2025: XXVII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, por Principio de superposición.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Galaxia Ficha do autor na AELG

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes