Charles Algernon Parsons, nado en Londres o 13 de xuño de 1854 e finado en Kingston (Xamaica) o 11 de febreiro de 1931, foi un enxeñeiro e inventor anglo-irlandés, máis coñecido pola invención da turbina de vapor e por dar nome á C. A. Parsons and Company. Traballou no proxecto de dínamos e turbinas para a xeración de electricidade, con grande influencia no campo naval e no campo da enxeñaría eléctrica. Tamén desenvolveu equipamentos ópticos, como reflectores e telescopios.
Traxectoria Parsons naceu en Londres nunha familia angloirlandesa. Era o fillo máis novo do astrónomo irlandés William Parsons (Lord Rosse). A casa familiar é o castelo de Birr, no condado de Offaly (Irlanda), e a cidade de Birr recibiu o nome de Parsonstown pola familia entre 1620 e 1899.
Cos seus tres irmáns, Parsons foi educado na casa en Irlanda por titores privados (incluído John Purser). Posteriormente estudou no Trinity College (Dublín) e no Saint John's College (Cambridge), graduándose brillantemente en matemáticas neste último en 1877.Parsons, the Hon. Charles Algernon en Venn, J. & J. A, Alumni Cantabrigienses, Cambridge University Press, 1922–1958. Logo de graduarse en Cambridge, comezou a fabricación dunha revolucionaria turbina de vapor, capaz de xerar unha alta velocidade (ata 18 000 revolucións por minuto), que rematou en 1884. Con ela equipou un veloz barco de vapor que bautizou co nome de Turbinia (1894), co que demostrou a superioridade da turbina de vapor sobre outro tipo de motores da época.
Nos inicios do século XX todos os barcos comezaron a estaren equipados con ese tipo de motor, especialmente cando en 1912 perfeccionou a turbina de engrenaxe, unha mellora revolucionaria da súa turbina inicial. En 1925, Charles Parsons adquiriu a Grubb Telescope Company e renomeouna Grubb Parsons.
Parsons faleceu o 11 de febreiro de 1931 a bordo do buque Duchess of Richmond durante un cruceiro coa súa esposa a causa dunha neuropatía.Sir Charles Parsons and Sir Arthurt Dorman. The Times (venres, 13 de febreiro de 1931), número 45 746, páxina 14. O 3 de marzo de 1931, celebrouse un servizo conmemorativo na abadía de Westminster. Parsons foi enterrado na igrexa parroquial de San Bertomeu en Kirkwhelpington en Northumberland.
Vida privada En 1883 Parsons casou con Katharine Bethell, filla de William F. Bethell. Tiveron dous fillos: Rachel Mary Parsons (nada en 1885) e Algernon George Parsons (nado en 1886), que faleceu en acto de servizo durante a primeira guerra mundial en 1918, aos 31 anos. Katharine morreu na súa casa de Ray Demesne, Kirkwhelpington, Northumberland en 1933. Rachel Parsons morreu en 1956; o mozo de corte Denis James Pratt foi condenado por homicidio imprudente.
En 1919 Katharine e a súa filla cofundaron Women's Engineering Society, que aínda existe.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Gibb, Claude. "Parsons, Sir Charles Algernon (1854–1931)". Oxford Dictionary of National Biography (online ed.). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/35396. Ligazóns externas
Sir Charles Parsons Symposium, excerpts from Transactions of the Newcomen Society
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Enxeñeiros de Inglaterra Categoría:Enxeñeiros de Irlanda Categoría:Inventores do Reino Unido Categoría:Medalla Copley