miniatura|O vapor Santa Isabel nas rías galegas. miniatura|En primeiro plano, Carreira e Aguiño. Ó fondo, a Illa de Sálvora. Heroínas de Sálvora é a denominación coa que foron recoñecidas Josefa Parada, Cipriana Oujo Maneiro e María Fernández Oujo, que na altura tiñan entre 14 e 24 anos de idade, polo salvamento marítimo de 58 persoas no naufraxio do buque correo Santa Isabel en 1921.
Historia O 2 de xaneiro de 1921 o buque correo Santa Isabel partiu pola noite na bocana da ría de Arousa, preto da illa de Sálvora. No naufraxio morreron afogadas 213 persoas e 58 foron salvadas pola intervención das heroínas de Sálvora. Salváronas cunha dorna en catro viaxes moi penosas.
Recoñecemento Foron obxecto de homenaxes e recoñecementos aínda que tamén de calumnias. En 2019 comezou un proxecto para levar ao cine a súa historia. O ano seguinte estreouse o filme, titulado A illa das mentirasTrailer oficial do filme. e dirixido por Paula Cons.<ref>[https://cinemagavia.es/pelicula-isla-mentiras-estreno-filmin/ «La isla de las mentiras», de Paula Cons, se estrenará el 24 de julio en Filmin"] </ref> En 2024 déronlle o seu nome a un buque de salvamento marítimo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Santa Isabel (buque) A illa das mentiras'' (filme)
As Madriñas de San Simón
Categoría:Parque Nacional das Illas Atlánticas Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:Ribeira Categoría:1921 en Galicia