Zaire é unha das 18 provincias de Angola, localizada no noroeste do país.
A súa capital é a cidade e municipio de M'Banza Kongo, tamén grafada como M'Banza Congo,Venancio, Renato Pinto. (1998-1999): "O Ofício do Historiador: uma entrevista com Ronaldo Vainfas". LPH-Revista de História. Ouro Preto-MG: Universidade Federal de Ouro Preto, nº 8, p. 10.Kinni, Fongot Kini-Yen (2015): Pan-Africanism: Political Philosophy and Socio-Economic Anthropology for African Liberation and Governance. Bamenda / Buea, Camerún: Langaa RPCIG. ISBN 978-9-9567-6254-5, p. 852, Vol 3. que, no ano 2018, tiña unha poboación estimada de 205 272 habitantes, sendo a única capital provincial angolana que non é a localidade con máis poboación da súa provincia, xe que esta é a cidade de Soio.Schmitt, Aurélio. Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimación de 2018. Revista Conexão Emancipacionista. 3 de febreiro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2019.
Etimoloxía O topónimo Zaire é un termo co que nas linguas europeas adaptaron a palabra en congo nzere ou nzadi, que significa "o río que traga todos os ríos", en referencia ao río Congo.
Xeografía A provincia de Zaire encóntrase no noroeste de Angola. Limita ao norte coa República Democrática do Congo (a través do río Zaire), ao leste coa provincia de Uíge, ao sur coa provincia de Bengo e ao oeste co océano Atlántico.
A provincia ten unha extensión de 40 130 km². No ano 2018 tiña unha poboación estimada de 676 649 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era duns 15 hab./km².
Subdivisións A provincia agrupa os seguintes 6 municipios, que están subdivididos en 23 comunas: M'Banza Kongo (Concelho de Cambambe, antigamente São Salvador do Congo, sede). Soio (Concelho de Soio, antigamente Santo António do Zaire). Tomboco (Concelho de Tomboco, antigamente Ambrizete). N'Zeto (Concelho de N'Zeto). Noqui (Concelho de Noqui). Cuimba (Concelho de Cuimba).
Historia O pobo congo (ou bakongo) ocupaba o val do río Congo (ou Zaire) a mediados do século XIII, formando alí o reino do Congo, que existiu desde 1390 até 1891 como estado independente, e até 1914 como estado vasalo do reino de Portugal. En 1914, a monarquía do Congo foi abolida tras a represión portuguesa de varias revoltas.
En 1885 a Angola portuguesa creou o distrito do Congo, que se dividiu en 1919 nos distritos de Cabinda e de Zaire, respectivamente ao norte e ao sur do río Congo.
Durante o período de 1961-1997, na Guerra da independencia angolana, unha gran parte dos bakongo fuxiron á República do Zaire. Moitos destes refuxiados, e os seus descendentes, volveron despois de que o acordo de Alvor recoñecese a independencia angolana.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Zaire. En Info-Angola AO.ZA City Councils of Angola Web oficial do goberno provincial Zaire en geoview.info
Categoría:Provincias de Angola