Vladimir Lučić, nado o 17 de xuño de 1989 en Belgrado, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no FC Bayern München da Basketball Bundesliga.

Traxectoria profesional Lučić comezou a xogar coma profesional no KK Superfund serbio. Tras dous anos no Superfund, Lučić asinou co KK Partizan no ano 2008.

O 24 de xuño de 2013, Lučić asinou un contrato de dous anos co Valencia Basket da Liga ACB. O 17 de xuño de 2015, o Valencia ampliou o seu contrato unha tempada máis.

O 26 de xullo de 2016, Lučić asinou un contrato de dous anos co FC Bayern München da Basketball Bundesliga. O 9 de xuño de 2017, asinou un novo contrato por dous anos máis co equipo Bayern München.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto)