Khawla Hamdan al-Zahiri (ás veces az-Zahiri ou Azzahiri), nada en Sohar o 21 de decembro de 1969, é unha escritora omaní. Traxectoria
Graduouse en Educación na Universidade dos Emiratos Árabes Unidos. En 1998 un dos seus relatos recibiu o terceiro premio nun certame patrocinado polos Clubs de Rapazas en Sharjah, e a obra apareceu na antoloxía Aswatuhunna ("As súas voces"), publicada en Beirut, con textos de autores e autoras dos estados árabes do Golfo Pérsico. Os seus relatos foron publicados tanto no seu país natal como nos Emiratos Árabes Unidos. Obra Saba`, 1998
Notas
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Omán Categoría:Alumnos da Universidade dos Emiratos Árabes Unidos Categoría:Escritores de Omán Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Personalidades sen imaxes