Thisuri Wanniarachchi (), nada o 25 de setembro de 1993, é unha escritora srilankesa. É coñecida polo seu libro Colombo Streets, que en 2009 recibiu o Premio Nacional de Literatura.
Traxectoria Filla da socióloga e escritora Malraji Wanniarachchi e do militar Sunil Wanniarachchi. Medrou en Colombo durante a guerra civil srilankesa. Fixo os estudos primarios e secundarios no convento de Santa Bríxida, e despois na Escola Británica de Colombo cunha bolsa. Graduouse en Ciencias Políticas no Bennington College en Bennington (Vermont), e está a preparar o doutoramento en Política Pública na Universidade de Colombo.
Traballou como asistente da presidenta Maithripala Sirisena en desenvolvemento sostible, mais dimitiu do seu cargo logo do golpe de estado de outubro de 2018.
Obra Colombo Streets (2009). A novela, escrita mentres estudaba nos Estados Unidos, fala da vida na infancia de persoas de diferentes clases sociais durante a guerra civil srilankesa. Premio Nacional de Literatura
The Terrorist's Daughter (2014) Na novela a autora analiza e critica o espectro político do seu país despois da guerra civil.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20190617015453/http://thisuriwanniarachchi.com/
Categoría:Nados en Sri Lanka Categoría:Nados en 1993 Categoría:Escritores de Sri Lanka Categoría:Alumnos do Bennington College Categoría:Alumnos da Universidade de Colombo Categoría:Escritores en lingua inglesa