A expresión xenealoxía do feminismo fai referencia á orixe teórica (protofeminismo) e tradición do feminismo en tanto que pensamento feminista, así como á recuperación da memoria histórica do feminismo en canto que movemento de transformación social que se desenvolve ao fío de distintas teorías (universalismo, marxismo, liberalismo, etc), dando lugar a que se fale, en plural, de feminismos. Feminismo e Ilustración Os estudos europeos vinculan Ilustración e feminismo, en canto que loita pola igualdade e proxecto emancipatorio. Os referentes teóricos propios do feminismo atópanse na Ilustración, agora ben, esta vinculación enténdense no sentido que graficamente define Amelia Valcárcel cando afirma que o feminismo é «un fillo non querido da Ilustración». Nesta liña de pensamento Celia Amorós explica que:
As ideas universais de suxeito de coñecemento, suxeito moral, individuo, cidadán, igualdade, que se desenvolveron durante a Ilustración, excluíron, non obstante da súa universalidade, as mulleres. Ata entón, as queixas das mulleres expresáronse no que se coñece como 'memorial de agravios''. Mais a partir da Ilustración, foi posible articular o que se coñece como 'vindicación', isto é, a denuncia unida á demanda de igualdade.
Os estudos feministas anglosaxóns sitúan no sufraxismo, a orixe do movemento feminista.
Vetas de Ilustración A Ilustración en canto que feminista, defínese como "procesos crítico reflexivos" aos que, seguindo a Celia Amorós, se lles chama "vetas de Ilustración". Pois ben, considérase que estas vetas se poden atopar noutras culturas, podendo existir outras orixes ilustradas de feminismo. Amorós analiza as vetas no islam Pola súa parte, Alejandra Ciriza no seu relatorio sobre feminismos en América Latina expón as notas para unha xenealoxía feminista en América Latina Outras autoras abordan a cuestión dos feminismos latinoamericanos, baixo a perspectiva xeohistórica.
Xenealoxías femininas Tamén se emprega o termo 'xenealoxía' na liña do pensamento feminista da diferenza sexual, se ben a expresión que utilizan é a de «xenealoxías femininas».
Notas
Categoría:Feminismo