Tomás Fernández Ruiz, nado en Santander en 1908 foi un futbolista español nacionalizado cubano, que xogaba como centrocampista. Traxectoria

Naceu en Santander segundo consta na listaxe de pasaxeiros do buque Orizaba, se ben na listaxe do do buque Queen Mary que o transportou no Mundial de 1938 consta como nado en Donostia. Comezou a xogar ao fútbol aos 10 anos nas rúas de Santander e aos 13 emigrou coa súa familia a Cuba. Na Habana militou nos equipos infantís do Castellanos, do Canarias e do Iberia. Máis tarde pasou ao España, co que se proclamou máximo goleador da segunda categoría. Posteriormente xogou no Hispano América, onde tivo como adestrador ao galego Manolo Álvarez, e no Centro Gallego.

Participou no Mundial de Fútbol de 1938 coa selección de fútbol de Cuba, da cal foi capitán, marcando un gol no partido fronte á selección de Romanía. Disputou os tres partidos mundialistas de Cuba.

Fernández é, até a data, o último xogador cubano en marcar un gol nun mundial.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cuba na Copa Mundial de Fútbol de 1938

Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cuba Categoría:Xogadores do DC Gallego Categoría:Nados en 1915 Categoría:Futbolistas de España Categoría:Futbolistas de Cuba Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en Cantabria Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1938