250px|miniatura|Manifestantes arredor do Centro Cultural. As prostestas en Ecuador de 2019 foron unha serie de manifestacións e disturbios entre o 2 de outubro e o 13 de outubro en contra as medidas de austeridade que incluían a cancelación de subsidios de combustible, adoptadas polo presidente de Ecuador Lenín Moreno e a súa administración. As protestas organizadas remataron despois de que os grupos indíxenas e o Goberno de Ecuador acadaran un acordo para revertir as medidas de austeridade, comezando unha colaboración sobre como combater a sobredependencia e a débeda pública.

Tanto a Fronte Unitaria de Traballadores (FUT), a Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE) liderada por Jaime Vargas, e a Fronte Popular (FP), que formaron a oposición ó goberno de Rafael Correa, así como a Federación Nacional de Cooperativas de Transporte Público de Pasaxeiros de Ecuador (FENACOTIP) e grupos vinculados ó Movemento Revolución Ciudadá (MRC) declararon a súa adhesión e apoio ás protestas contra Lenín Moreno. O Ministerio de Goberno reportou que se encarcelaron a 1 330 persoas, 435 policías resultaron feridos e fixéronse 132 bloqueos de estradas.

Notas

Categoría:Historia de Ecuador Categoría:2019