A veiga de Ponteliñares é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe as veigas das chairas do curso alto do río Limia, ao sur da noutrora presente lagoa de Antela. Esta área de conservación ourensá ocupa 160 ha dos concellos limiaos de Porqueira e Rairiz de Veiga.
Este espazo natural forma parte da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Limia e está incluída en territorio de concellos da reserva da biosfera da Área de Allariz.
Fauna e flora Flora A veiga de Ponteliñares é un conxunto de ribeira arredor de augas oligotróficas do río Limia, cos seus prados de sega e bosques de ribeira de abeneiros e freixos. Están presentes áreas de queirogais de Erica ciliaris e E. tetralix. Na vexetación das augas dominan as Potamogeton natans e Ranunculus penicillatum.
Entre a flora destacan os cardiños da lagoa (Eryngium viviparum) por ser un dos poucos espazos naturais galegos onde está presente.
As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:
Especie Eryngium viviparum
Fauna Nesta veiga atópanse 23 taxóns de animais de interese de conservación. Destacan o lepidóptero Euphydryas aurinia, a cobra lagarteira común (Coronella austriaca) e aves como a pica campestre (Anthus campestris), a curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) ou o sisón (Tetrax tetrax).
As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:
Grupo Especie Invertebrados Euphydryas aurinia Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Oxygastra curtisii Peixes Chondrostoma polylepis Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Barbastella barbastellus Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus euryale Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros
Lexislación En 2004 foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) pola comisión bioxeográfica atlántica e en 2006 pola comisión mediterránea. En 2014 ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. Ademais, está dentro da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Limia tamén da rede Natura.
Parte deste espazo natural está presente dentro da reserva da Biosfera Área de Allariz.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lagoa de Antela
Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia Categoría:Rairiz de Veiga Categoría:Porqueira Categoría:Xeografía de Galicia sen imaxes