Explained é unha serie documental estadounidense que se estreou en Netflix o 23 de maio de 2018. A serie, que é producida por Vox Media, estrea os episodios con periodicidade semanal. Explained está baseada nunha serie de vídeos que Vox produciu para YouTube, e que tiñan un formato semellante.

A duración dos episodios rolda entre os 16 e os 18 minutos, cada un deles centrándose nun tema diferente. Cada episodio é narrador por un convidado especial diferente. Netflix encargou 20 episodios para a primeira tempada da serie, e deu luz verde a unha segunda tempada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos The Mind, Explained Sex, Explained Coronavirus, Explained Whose Vote Counts, Explained Money, Explained

Ligazóns externas Páxina oficial 

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América