O Día das Bibliotecas, denominado Día da Biblioteca ata ao ano 2018, celébrase cada 24 de outubro en toda España. Esta celebración naceu en 1997 promovida pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e conta coa colaboración do Ministerio de Cultura e Deporte. A data foi escollida en memoria do incendio que destruíu a Biblioteca de Saraxevo en 1992. Dende o ano 2019 inclúe o lema "Aptas para todos os públicos" e segue unha liña temática anual. En 2019 o fío condutor foi o traballo das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo en YouTube da edición 2019 Logotipo en galego do Día das Bibliotecas

Categoría:Efemérides destacadas en outubro Categoría:Bibliotecas