Wiñaypacha (que en aimará quere dicir "tempo eterno") é un filme dramático peruano de 2018 dirixido por Óscar Catacora. É o primeiro filme peruano falado en aimará. O filme foi escollido como o candidato peruano ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse miniatura|dereita|Apu Allincapac, montaña onde se rodou o filme. O filme narra a historia dunha parella de anciáns, Willka (Vicente Catacora) e Phaxsi (Rosa Nina), que manteñen os seus costumes relixiosos e que, por mor da migración do seu único fillo, quedan no abandono. Aínda así, non perden a esperanza de que el regrese.
Personaxes Vicente Catacora como Willka Rosa Nina como Phaxsi
Galardóns +AnoEventoCategoríaResultado2017Festival de Cinema de GuadalajaraMellor ópera prima e mellor fotografía Gañador2018Concurso de longametraxes rexionaisPremio de distribución do Ministerio de Cultura Gañador
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Perú propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua aimará Categoría:Filmes rodados no Perú Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes de Cine Aymara Studios