José Ángel Antelo Paredes, nado en Noia o 7 de maio de 1987, é un ex xogador galego de baloncesto profesional e político ultradereitista. Xogaba de ala-pivote e mide 203 centímetros.

Traxectoria

esquerda|miniatura|Antelo en 2011. Formado na canteira do C.B. Noia, aos dez anos marchou para as categorías inferiores do Real Madrid, que era o club propietario do seu contrato. Na campaña 2004-05 xogou cedido no Cáceres CB e na 2005-06 no CAI Zaragoza, xogou posteriormente co Bilbao Basket (ACB): 2006-2007, Club Bàsquet L'Hospitalet (LEB): 2007-2008, Tenerife Club de Baloncesto (LEB Ouro): 2008-2009, Baloncesto Fuenlabrada (Liga ACB): 2008-2010, Baloncesto León (LEB Ouro): 2010 e Cáceres 2016 Basket (LEB Ouro): 2010-2011.

Antelo Paredes formou parte da primeira selección nacional de baloncesto de Galicia, que debutou fronte ao Xapón, o 28 de xuño de 2006. Tamén integrou a segunda convocatoria desta selección, o 21 de xuño de 2007, contra Cuba.

En 2019 retirouse do baloncesto profesional logo de varias lesións no tendón de Aquiles.

Traxectoria política

Tras a súa retirada deportiva pasou a militar no partido político Vox. Entrou na corporación municipal de Murcia como concelleiro e presidiu Vox Murcia dende decembro de 2019.

Encabezou a lista autonómica da formación ultradereitista ás Eleccións autonómicas de 2023, e conseguiu máis que dobrar os escanos, pasando de 4 a 9. En 2026, no medio dunhas disputas coa cúpula nacional do partido, foi presionado para que presentase a súa dimisión. Ao non o facer, foi expulsado do partido o 6 de marzo, se ben conservou o seu escano.

Títulos Campión de Europa júnior, 2004, coa selección española. Na final, España-Turquía (89-71), Antelo anotou 22 puntos. Cuarto no campionato de Europa júnior, 2005, coa selección española. Campión de España cadete, 2002 e 2003, co Real Madrid.

Vida persoal Está casado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1987 Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Cáceres CB Categoría:Xogadores do Basket Zaragoza 2002 Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores do CB L'Hospitalet Categoría:Xogadores do Tenerife CB Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Xogadores do CB Murcia Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto Categoría:Concelleiros de España Categoría:Políticos de Vox