Casimiro Míguez Regal, coñecido como Majá, nado cara a 1883 e finado en Chantada o 23 de decembro de 1968, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Comerciante en Chantada. Foi concelleiro de elección popular de Chantada durante a República. Foi nomeado alcalde de Chantada en 1933. Volveu ser alcalde de Chantada de maio e novembro de 1935. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, volveu ser alcalde de Chantada. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1937BOE, 17-4-1938, p. 6829., foron postos a poxa os seus bens,BOP Lugo, 20-8-1938, p. 2. e sufriu expediente de responsabilidades políticas. Finou en Chantada o 23 de decembro de 1968 con 85 anos.El Progreso, 24-12-1968, p. 7.
Vida persoal
Casou con Amadora Fernández e foi pai de Amada e Mercedes Míguez Fernández.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en Represión franquista en Lugo Relación de alcaldes y presidentes de gestoras municipales que figuran en los libros de actas del Ayuntamiento de Chantada en el período de 1901-2011
Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1968