Julio Amador Rodríguez Fernández, finado en Chantada o 12 de marzo de 1947,El Progreso, 13-3-1947, p. 4. foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Darío Rodríguez Fernández. Procurador en Chantada. Foi elixido secretario da Asociación Republicana de Chantada que presidía Daniel Vázquez Campo en febreiro de 1931.El Pueblo Gallego, 26-2-1931, p. 6. Foi nomeado presidente da Comisión Xestora do concello de Chantada en setembro de 1931, permanecendo no cargo até xullo de 1932. Foi proclamado candidato da ORGA para as eleccións de 1933.El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 14.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Corporación municipal de Chantada
Categoría:Avogados de Galicia
Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Finados en 1947