Shirin Neshat (en ), nada en Qazvin en 1957, é unha artista visual iraniana residente en Nova York, coñecida principalmente polo seu traballo en cinema, vídeo e fotografía. A súa obra céntrase nos contrastes entre o islam e occidente, a feminidade e a masculinidade, a vida pública e a privada, a antigüidade e a modernidade, e en facer pontes entre eses temas.
Neshat foi recoñecida en numerosas ocasións pola súa obra, como co Premio Internacional da XLVIII Bienal de Venecia en 1999, o León de Prata á mellor dirección no 66.º Festival de Cinema de Venecia en 2009, o nomeamento de Artista da Década polo crítico de The Huffington Post G. Roger Denson.Denson, G. Roger, "Shirin Neshat: Artist of the Decade", The Huffington Post, 20 de decembro de 2010.
Obras Turbulent, 1998. Instalación con dúas canles de vídeo e son. Rapture, 1999. Instalación con dúas canles de vídeo e son. Soliloquy, 1999. Instalación con vídeo en cor e son coa artista como protagonista. Fervor, 2000. Instalación con dúas canles de vídeo e son. Passage, 2001. Instalación cunha única canle de vídeo e son. Logic of the Birds, 2002. Multimedia. Tooba, 2002. Instalación con dúas canles de vídeo e son baseada na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men. Mahdokht, 2004. Instalación con tres canles de vídeo e son. Zarin, 2005. Instalación cun único canle de vídeo e son. Munis, 2008. Instalación con vídeo en cor e son baseada na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men. Faezeh, 2008. Instalación con vídeo en cor e son baseada na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men. Possession, 2009. Instalación con vídeo en branco e negro e son. Women Without Men, 2009. Filme baseado na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men. Illusions & Mirrors, 2013. Filme encargado por Dior con Natalie Portman. Looking for Oum Kulthum, 2017, filme.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mohammed Afkhami, Sussan Babaie, Venetia Porter, Natasha Morris. "Honar: The Afkhami Collection of Modern and Contemporary Iranian Art." Phaidon Press, 2017.
Categoría:Nados en Irán Categoría:Nados en 1957 Categoría:Artistas de Irán Categoría:Personalidades da fotografía Categoría:Videoartistas