Q and Not U foi unha banda estadounidense de post-hardcore procedente de Washington, D.C., que editou os seus traballos a través de Dischord Records. Os seus membros John Davis, Harris Klahr, Christopher Richards e Matt Borlik formaron o grupo en 1998. Tras a saída de Borlik despois do lanzamento do seu álbum de estrea, o grupo lanzou dous exitosos discos máis como trío, explorando aspectos do dance-punk e outros estilos musicais dispares. Q and Not U separáronse en setembro de 2005 despois de rematar os concertos comprometidos e de despedirse no local The Black Cat de Washington, D.C..
Discografía Álbums Álbum Ano Selo No Kill No Beep Beep 2000 Dischord Records Different Damage 2002 Dischord Records Power 2004 Dischord Records
Categoría:Grupos musicais de Washington, D.C. Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de dance-punk Categoría:Grupos musicais formados en 1998 Categoría:Grupos musicais separados en 2005