Campeones é filme español de 2018 dirixido por Javier Fesser. A historia mostra como Marco, un adestrador de baloncesto, deberá facerse cargo dun equipo con discapacidade intelectual. Campeones é unha produción de Morena Films, Películas Pendelton e Movistar+, que conta ademais coa participación de TVE e Universal Pictures International Spain. O filme estreouse o 6 de abril de 2018. A banda sonora, a cargo de Rafael Arnau (colaborador habitual de Fesser), conta coa canción "Este es el momento" composta e interpretada por Coque Malla.

O filme foi escollido representar a España na 91ª edición dos Óscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse A historia está inspirada na historia do equipo de baloncesto Aderes Burjassot, formado por persoas con discapacidade intelectual, que gañou doce campionatos de España entre 1999 e 2014.

Marco atravesa numerosos problemas profesionais e persoais, e tras o seu despedimento como adestrador do seu equipo de baloncesto e, en estado de embriagez, sofre un accidente de tráfico que lle comporta unha grave multa. Marco deberá escoller entre 18 meses de cárcere ou 90 días de servizos comunitarios adestrando un equipo de baloncesto chamado "Los Amigos", integrado por deportistas con diversas discapacidades. Nun primeiro momento, a nova non será ben aceptada polo protagonista, pero co tempo darase conta de todo o que queda por aprender destas persoas.

Personaxes Javier Gutiérrez como Marco Montes Gutiérrez Juan Margallo como Julio Montero Ruiz Athenea Mata como Sonia Luisa Gavasa como Amparo Gutiérrez, madre de Marco Daniel Freire como Francisco Carrascosa Mariano Llorente como Iván Bajero Itziar Castro como Madre de Jesús Luis Bermejo como Antonio Laura Barba como Jueza Julio Fernández como Fabián Sergio Olmos como Sergio Costa Zorrilla Jesús Lago como Jesús Lago Solís José de Luna como Juanma Gloria Ramos como Collantes Fran Fuentes como Paquito Alberto Nieto Fernández como Benito Recuenco Valdegómez Jesús Vidal como Marín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Javier Fesser Categoría:Filmes de Morena Films Categoría:Filmes sobre discapacidades Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película