A acuaporina 9 é unha proteína que funciona como canle acuosa de membrana que nos humanos está codificada polo xene AQP9 do cromosoma 15.

As proteínas intrínsecas maiores/acuaporinas son unha familia de canles de membrana selectivas para a auga. A acuaporina 9 ten unha maior semellanza de secuencia coa AQP3 e a AQP7 e en conxunto poden formar unha subfamilia. A acuaporina 9 permite o paso dunha ampla variedade de solutos non cargados. A AQP9 estimula o transporte de urea e a permeabilidade osmótica para a auga. Existen informes contraditorios sobre o seu papel en proporcionar permeabilidade ao glicerol. A acuaporina 9 pode tamén ter algún papel nas funcións especializadas dos leucocitos, tales como a resposta inmunolóxica e a actividade bactericida.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Acuaporina

Bibliografía

Ligazóns externas

Este artigo incorpora txtos da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos, que está en dominio público.