Naomi Osaka ou Ōsaka Naomi (en ), nada en Chūō-ku (Osaca) o 16 de outubro de 1997 é unha tenista xaponesa. Osaka foi a número 1 do mundo da Women's Tennis Association (WTA), e é a primeira xogadora asiática que o logrou en categoría individual.
Nada no Xapón, filla de pai haitiano e nai xaponesa, vive nos Estados Unidos dende os tres anos. Comezou a ser coñecida con dezaseis anos cando venceu a antiga campioa do US Open Samantha Stosur no seu debut na WTA Tour. Dous anos despois, chegou á súa primeira final da WTA no Pan Pacific Open do Xapón (2016), co que entrou nas 50 primeiras da clasificación. Osaka revelouse como unha gran tenista en 2018, ao gañar o seu primeiro título WTA no Indian Wells Open. En setembro de 2018 gañou o Aberto dos Estados Unidos vencendo a Serena Williams na final, converténdose na primeira tenista xaponesa que gañaba un torneo individual do Grand Slam.
Osaka é coñecida pola súa orixe multiétnica e a súa personalidade tímida. Na pista ten un xogo agresivo cun poderoso servizo que pode acadar os 200 km/h, un dos dez máis rápidos da historia do tenis feminino.
Finais de Grand Slam Resultado Ano Torneo Superficie Opoñente PuntuaciónGañadora2018Aberto dos Estados UnidosDura Serena Williams6–2, 6–4Gañadora2019Aberto de AustraliaDura Petra Kvitová 7–6(7–2), 5–7, 6–4
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Naomi Osaka – Japan Tennis Association
Categoría:Nados en Osaca Categoría:Nados en 1997 Categoría:Tenistas olímpicos do Xapón Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Estadounidenses de ascendencia haitiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia xaponesa Categoría:Tenistas dos Estados Unidos de América Categoría:Campións do Open de Australia Categoría:Campións do US Open