María Luísa Viqueira Landa, nada na Coruña o 18 de marzo de 1918El Ideal Gallego, 19-3-1918, p. 4. e finada en México o 3 de novembro de 2014, foi unha bióloga e activista galega.

Traxectoria miniatura|150px|Cos seus pais en 1919. Filla de Xoán Vicente Viqueira e Jacinta Landa. Criouse no pazo familiar de Vixoi (Bergondo). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Francia. Trasladouse a Moscova e finalmente marchou a México. Militante do Partido Comunista de España, foi integrante do grupo de mulleres do Partido Comunista mexicano e da Unión de Mujeres Española Mariana Pineda, formada por exiliadas españolas en México. Impulsou con Luís Soto o Padroado da Cultura Galega de México. Abandonou con Soto o PCE para participar na fundación da UPG. Colaborou na creación da revista Vieiros da que foi secretaria de redacción, e presentou o programa de radio La hora de Galicia. Foi secretaria da Delegación do Consello de Galicia.

As súas cinzas foron soterradas no cemiterio de Ouces, ao lado do seu pai.Luisa Viqueira regresa a Ouces La Opinión A Coruña .

Recoñecementos esquerda|miniatura|Tumba no cemiterio de Ouces. Recibiu unha homenaxe da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña en 2010 pola súa loita contra o fascismo.La Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica rendirá homenaje a María Luisa Viqueira Landa La Voz de Galicia .

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Viqueira Landa, Luisa (1918-2014)

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2014