Entombed é unha banda sueca de death metal formada no ano 1987 co nome de Nihilist. Entombed comezou a súa carreira como un dos primeiros pioneiros do death metal escandinavo que inicialmente difería do estadounidense polo seu distintivo ton de guitarra "buzzsaw". Porén, a principios dos 90 o seu son ampliouse para incluír garage rock e outras influencias. Este estilo novo sería finalmente descrito como death 'n' roll. Entombed foi influenciada por bandas como Slayer, Exodus, Black Sabbath, Celtic Frost, Autopsy, Repulsion, Kiss, The Misfits, Motörhead, Discharge, Death e Testament. Xunto con Dismember, Grave e Unleashed, Entombed é considerado un dos catro grandes do death metal sueco.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloLeft Hand Path1990Combat Records, Earache RecordsClandestine1991Earache Records, Relativity RecordsWolverine Blues1993Earache Records, Columbia RecordsDCLXVI: To Ride Shoot Straight and Speak the Truth1997Threeman RecordingsSame Difference1998Music for NationsUprising2000Music for NationsMorning Star2001Koch RecordsInferno2003Music for NationsSerpent Saints - The Ten Amendments2007Threeman Recordings
Notas
Categoría:Grupos musicais de Estocolmo Categoría:Grupos musicais de death metal Categoría:Grupos musicais formados en 1987