Jenifer Casal Vidal, nada en Pontevedra o 6 de setembro de 1996, é unha deportista galega que compite en piragüismo na modalidade de maratón. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón de 2017 na categoría de C1.Jenifer Casal Vidal en CanoeResults.eu .

Traxectoria A súa primeira participación internacional foi en 2014 no Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas, onde chegou á final e quedou novena no C2 500 metros, con Raquel Rodríguez como compañeira. No Europeo de 2015, celebrado en Račice (República Checa) finalizou quinta no C2 500.

En 2017, foi campioa de Galicia de C1 5000 metros e de España no C1 en maratón. Ademais logrou en Ponte de Lima a medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón en C1

En 2018, finalizou oitava no Europeo de maratón en Croacia e sexta no Mundial en Montemor-o-Velho, ambas ocasións en C1. En 2019 gañou o ouro na Copa de España de Piragüismo Maratón, mentres que finalizou sexta no Europeo en Francia e quinta no Mundial da China.

Palmarés internacional Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Competición 2017 Ponte de Lima () Bronce C1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jenifer Casal Vidal en CanoeResults.eu .

Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1996