Peter Pellegrini, nado en Banská Bystrica o 6 de outubro de 1975, é un político eslovaco que foi primeiro ministro de Eslovaquia dende 2018 ata 2020.

Antes foi vicepresidente e ministro de educación e ciencia, ademais de pasar dous anos como voceiro do Consello Nacional de Eslovaquia.

Traxectoria Estudou na Facultade de Económicas da Universidade Matej Bel e na Universidade Técnica de Košice, centrándose na banca, o investimento e por último as finanzas. Entre 2002 e 2006 traballou como economista e posteriormente asesor do membro do Consello Nacional para a Privatización e Economía Ľubomír Vážny, apoiado por ĽS-HZDS, SNS e Smer-SD.

Carreira política Nas eleccións parlamentarias de 2006 foi elixido deputado do Consello Nacional polo partido Dirección-Socialdemocracia. Nas eleccións de 2010 foi reelixido, e unha vez máis nas eleccións de 2012.

Entre 2012 e o 3 de xullo de 2014 foi secretario de Estado de Facenda. Máis tarde converteuse en ministro de Educación e Ciencia. O 25 de novembro de 2014, foi elixido voceiro do Consello Nacional, sucedendo a Pavol Paška. En 2015 foi nomeado campión dixital de Eslovaquia, un cargo designado pola Unión Europea para promover os beneficios dunha sociedade dixital inclusiva. Pellegrini converteuse en 2016 en viceprimeiro ministro para investimentos, durante o terceiro goberno de Robert Fico.

Primeiro ministro de Eslovaquia esquerda|miniatura| Pellegrini reuniuse co presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, na Casa Branca Pellegrini xurou como primeiro ministro de Eslovaquia despois de que o seu antecesor, Robert Fico, dimitise o 15 de marzo de 2018 tras o asasinato do xornalista Ján Kuciak. O presidente Andrej Kiska aprobou o goberno de Pellegrini o 21 de marzo de 2018, e 81 membros do Consello Nacional votaron a favor do goberno a semana seguinte.

En abril de 2019, Pellegrini asumiu temporalmente o papel de ministro de finanzas cando Peter Kažimír marchou para converterse en gobernador do Banco Nacional de Eslovaquia.

En setembro, tras negarse a destituír a unha viceministra sospeitosa de estar relacionada co asasinato de Kuciak, a oposición presentou unha moción de censura contra el. A moción non conseguiu os votos necesarios para destituír ao goberno.

Vida persoal Pellegrini ten raíces italianas. O seu bisavó Leopoldo Pellegrini foi ao Imperio Austrohúngaro para participar na construción do ferrocarril entre Levice e Zvolen. Despois decidiu instalarse en Lehôtka pod Brehmi, no distrito de Žiar nad Hronom, despois de namorarse dunha moza local, Maria Kunovská.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Primeiro ministro de Eslovaquia

Categoría:Primeiros ministros de Eslovaquia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Banská Bystrica