Drag City é un selo discográfico independente estadounidense baseado en Chicago, Illinois. Foi creado coa edición dun sinxelo de Royal Trux ("Hero Zero" - DC1) en Chicago en 1990 por Dan Koretzky e Dan Osborn. O selo está especializado en indie rock, rock experimental, rock psicodélico, folk rock e country alternativo.
Historia O selo publicou a versión estadounidense do Tilt de Scott Walker en 1997, despois de achegarse a el co desexo de darlle ao disco unha edición nos Estados Unidos. Walker describiu o lanzamento do álbum con eles como "un experimento". Varios membros do persoal de Drag City teñen tocado en bandas; o xefe de prensa Gene Booth tocou os teclados e a guitarra en USA, e tanto Booth, como o xefe de vendas Rian Murphy, e o fundador Dan Koretzky tocaron en Mantis. Booth tamén foi membro de Chestnut Station.
En anos recentes o selo aumentou o seu catálogo incluíndo edicións de comedia alternativa, con edicións recentes de Fred Armisen, Neil Hamburger e Andy Kaufman entre outros, e reedicións, destacando as de Gary Higgins e Death. En 1997 Drag City comezou a publicar material impreso como a revista literaria The Minus Times e a novela de Neil Hagerty Victory Chimp. O selo distribuíu o documental de 2013 The Source Family. Despois de anos rexeitando publicar a música dos seus artistas a través de plataformas de streaming, o selo puxo a súa música dispoñible para streaming a través de Apple Music en xullo de 2017, e a través de Spotify e Tidal en 2018.
Artistas
AZITA Bachelorette Baby Dee William Basinski Richard Bishop Blues Control Bill Callahan Cave Cynthia Dall Chris Darrow Circuit des Yeux Dope Body Espers Faun Fables Flying Saucer Attack Mark Fosson Edith Frost The Fucking Champs Loose Fur Ghost David Grubbs Neil Michael Hagerty The Howling Hex Liimanarina Magik Markers Monotonix Movietone Joanna Newsom Scout Niblett Nig-Heist Will Oldham (Bonnie 'Prince' Billy, Palace Music etc.) Jim O'Rourke The High Llamas Papa M Pavement Pearls and Brass Jessica Pratt Purple Mountains The Red Krayola The Renderers Alasdair Roberts Royal Trux RTX Lætitia Sadier Ty Segall Sic Alps Silver Jews Six Organs of Admittance Stereolab Sun Araw U.S. Maple Wand Weird War White Magic Michael Yonkers
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina do selo
Categoría:Discográficas independentes dos Estados Unidos de América