Furniture é o cuarto EP da banda estadounidense de post-hardcore Fugazi, publicado o 8 de outubro de 2001 a través do selo Dischord Records. Foi gravado en xaneiro e febreiro de 2001, ao mesmo tempo da gravación do derradeiro álbum do grupo, The Argument.

As cancións "Furniture" e "Hello Morning" datan de finais dos anos 80, sendo "Furniture" interpretada no primeiro concerto do grupo en 1987. Partes de "Number 5" teñen a súa orixe en "Turkish Disco", unha canción gravada como unha demo en 1997 e publicada en Instrument Soundtrack en 1999.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:EPs de Fugazi Categoría:EPs musicais de 2001 Categoría:EPs de Dischord Records