A Colección Numismática Nacional é un gabinete de moedas e medallas de titularidade pública dos Estados Unidos, que forma parte da parte do Museo Nacional de Historia Americana, do Instituto Smithsoniano."The National Numismatic Collection". National Museum of American History."National Numismatic Collection". The Smithsonian Institution.
Fondos e exposición Trátase dunha das coleccións numismáticas máis grandes do mundo e abrangue non só moedas e medallas senón tamén billetes, probas numismáticas, documentos e outros elementos relacionados. Ten un fondo de arredor de 1.600.000 obxectos, entre eles 450.000 moedas, medallas e condecoracións, e 1.100.000 exemplares de billetes.
Uns 26.000 obxectos dos que compoñen a colección foron doados á Colección Numismática Nacional o 16 de xaneiro de 1978 polo banco Chase Manhattan, logo da clausura do museo numismático desta institución bancaria (Chase Manhattan Money Museum) en 1977."Chase Manhattan Bank Money Museum ". American Numismatic Society."Chase Manhattan Money Museum History". En E-Sylum. Vol. 7. Nº 31. Agosto de 2004.
Ata 2004, a exposición na que se integraba a colección era a única sobrevivente da disposición orixinaria do Museo Nacional de Historia Americana de 1964. A finais de 2004, aquela exposición foi clausurada e a colección regresou ás cámaras acoirazadas do Instituto Smithsoniano. Hoxe só se amosan ao público unhas poucas decenas das súas pezas máis representativas."Galleries and Exhibitions". The National Numismatic Collection.
Pezas máis salientables miniatura|180px|Dólar Continental de 1776, que forma parte da colección
Entre as pezas que forman parte da colección cómpre destacar as seguintes:
Unha moeda española de ouro de 20 excelentes dos Reis Católicos. Medio dobrón (half doubloon) neoiorquino de 1787, cuñado por Ephraim Brasher. O dólar Continental de 1776. As tres variantes coñecidas do dólar de 1804. Moeda de ouro estadounidense de 20 dólares Liberty Head de 1849. As dúas probas numismáticas de moedas ouro de 50 dólares de 1877. A serie completa das nove probas numismáticas de moedas de 5 centavos cuñada entre 1909 e 1910, coñecida como Washington nickels. Un exemplar dos rarísimos 5 centavos de 1913 (Liberty Head nickel). Dous exemplares da moeda de ouro de 20 dólares Saint-Gaudens de 1933. Proba numismática dunha moeda dun céntimo de dólar de 1974 cuñada en aluminio.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Clain-Stefanelli, Elvira. (1986). “Donors and Donations: The Smithsonian’s National Numismatic Collection”. En Needleman, S. B. Perspectives in Numismatics: Studies Presented to the Chicago Coin Club. Chicago. Ares. Páxinas. 251-268. ISBN 9780890054383 Clain-Stefanelli, Vladimir. (1968). History of the National Numismatic Collections. Washington. Smithsonian Institution.
Outros artigos Lista de museos numismáticos Instituto Smithsoniano Elvira Clain-Stefanelli
Ligazóns externas Sitio web da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos Sitio web do Museo Nacional de Historia Americana Sitio web do Instituto Smithsoniano
Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos dos Estados Unidos de América Categoría:Historia dos Estados Unidos de América