O mago de Lublin (en ; Der kuntsnmakher fun Lublin) é unha novela do autor Isaac Bashevis Singer. Malia que foi orixinalmente escrita en lingua yiddish, foi publicada primeiro en inglés en 1960 nos Estados Unidos por Noonday, e en 1961 no Reino Unido por Secker & Warburg. En 1971, o libro foi publicado en yiddish por Hamenorah.

Foi traducida ó galego por Moisés Barcia Rodríguez e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2019.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1960 Categoría:Obras literarias en yiddish Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Rinoceronte Editora