A Casa da Moeda dos Estados Unidos (en inglés: United States Mint ou US Mint) é unha unidade do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos responsable da produción da moeda do país, da dirección do seu comercio e do control dos movementos dos metais preciosos en lingotes ou amoedados."United States Mint Law and Legal Definition". En US Legal."About the United States Mint". United States Mint.
A US Mint non produce billetes, xa que a produción do papel moeda está encomendada á Oficina de Gravado e Impresión.Sitio web da Oficina de Gravado e Impresión. Departamento do Tesouro dos EEUU.
A institución creouse en Fialdelfia en 1792 e de camiño se uniron a ela outros centros de cuñaxe, cuxas moedas se identifican con marcas de ceca propias. A Casa da Moeda dos Estados Unidos componse na actualidade de catro cecas: Filadelfia, Denver, San Francisco e West Point."Tours & Facilities ". United States Mint.
Historia esquerda|miniatura|Placa no edificio da primeira ceca sucursal da US Mint en San Francisco, California, aberta en 1854. Hoxe é sede do Museo de Patrimonio do Pacífico.
Primeira época A primeira autorización para o establecemento dunha casa de moeda nos Estados Unidos produciuse mediante unha resolución do Congreso da Confederación do 21 de febreiro de 1782, e en 1787 cuñouse a primeira moeda de circulación xeral dos Estados Unidos, un centavo de cobre (coñecido como Fugio cent) divisionario do dólar Continental.Journals of the Continental Congress. Vol. 22. 1782. Washington. Gobernment Printing Office. 1914. Páxinas 86-87.
A actual institución foi creada polo Congreso dos Estados Unidos a través da Lei da Moeda de 1792, e ao principio estaba adscrita ao Departamento de Estado, aínda que en 1799 se constituíu en axencia independente e, coa Lei da Moeda de 1873, pasou a depender do Departamento do Tesouro."Coinage Act of April 2, 1792". United States Mint."United States Mint". U.S. Department of the Treasury. En virtude da Lei de 1792, construíuse o primeiro edificio da ceca en Filadelfia, que daquela era a capital dos Estados Unidos; foi o primeiro edificio da República levantado baixo os auspicios da Constitución. No entanto, a sede da actual US Mint (só administrativa, non de produción) radica en Washington como capital federal."United States Mint Headquarters". United States Mint.
Ademais das actuais plantas produtivas de Filadelfia, Denver, San Francisco e West Point (e un depósito de metais preciosos en Fort Knox, Kentucky), ao longo da historia tivo outras cecas adscritas nas localidades de Carson City, Charlotte, Dahlonega, Nova Orleáns e Manila, en Filipinas."History". United Satates Mint.
Inicialmente, na casa da moeda calquera cidadán podía transformar en moeda o seu ouro e a súa prata sen máis custo engadido que o da refinaxe.
miniatura|Os gravadores da ceca de Filadelfia en 1910. Arriba (esquerda a dereita): Charles Greth, John Beally, Harry Blythe, Charles Conway e James Blythe. Abaixo: William Key, Charles E. Barber, George T. Morgan e descoñecido.
O primeiro director da Casa da Moeda dos Estados Unidos foi o reputado científico David Rittenhouse, entre 1792 e 1795, e o primeiro xefe de cuñaxe foi Henry Voigt, a quen se lle atribúen os deseños das primeiras moedas estadounidenses. Outro posto salientable dentro da casa da moeda foi o de gravador xefe, que estivo ocupado por figuras tan salientables como William Barber, Charles E. Barber ou George T. Morgan.Taylor, S. (2008). "Chief Engravers of the U.S. Mint, Part 1: 1793-1917". SCV Historical Society.
Expansión e cecas sucursais
Coa progresiva apertura de novas cecas sucursais durante o século XIX a partir da orixinaria de Filadelfia en 1792, produciuse a necesidade de incluír nas moedas marcas de ceca, co fin de identificar a súa procedencia. As primeiras destas cecas foron as establecidas en Charlotte, Carolina do Norte (1838-1861), Dahlonega, Xeorxia (1838-1861), e Nova Orleáns, en Luisiana (1838-1909). As dúas primeiras, con marcas "C" e "D", respectivamente, foron establecidas para a conversión en moeda dos importantes depósitos de ouro local, e cuñaron unicamente moedas deste metal. A Guerra Civil supuxo o pechamento definitivo de ambas as cecas.
A ceca de Nova Orleáns, con marca de ceca "O", estableceuse en 1838 e pechou tamén ao principio da Guerra Civil (1861), aínda que foi reaberta en 1879, logo do período de reconstrución posterior á guerra, ata que cesou a súa actividade en 1909. Durante os seus dous períodos de actividade, produciu moedas de ouro e de prata con once valores faciais diferentes, dez dos cales foron cuñados simultaneamente, en 1851: en prata, moedas de tres, cinco e dez céntimos, así como de cuarto, medio e un dólar; e en ouro moedas de cinco, dez e vinte dólares.
En 1864 proxectouse o establecemento dunha nova casa de moeda sucursal da US Mint en The Dalles, Oregón. Aínda que chegou a iniciarse a construción do edificio que albergaría as súas instalacións, esta detívose en 1870 e a ceca non chegou a producir moeda.Gilkes, P. (2014). "Collector Basics: The Dalles Mint never finished for U.S. Mint". En Coin World. 19 de decembro.
En 1870 inaugurouse unha nova ceca satélite en Carson City, Nevada, con marca de ceca "CC", que se mantivo operativa ata 1893, con tres anos de inactividade entre 1886 e 1888. Do mesmo xeito que as cecas de Charlotte e Dahlonega, a de Carson City abriuse para aproveitar a produción dunha grande vea de metal, neste caso de prata, atopada preto daquela localidade, o cal non foi óbice para cuñar tamén moedas de ouro."The History of the Carson City Mint ". United States Mint.
En 1911 a Casa da Moeda dos Estados Unidos tivo unha muller como directora interina, Margaret Kelly, que se converteu na muller co maior soldo das que estaban na nómina do Goberno. No seu breve peíodo estableceu que as mulleres gañasen o mesmo que os homes no seo da institución."A Talk with Miss Margaret Kelly, Director of the U. S. Mint ". En The New York Times. 6 de agosto de 1911.
En 1920 abriuse a primeira ceca da US Mint fóra do territorio continental dos Estados Unidos, en Manila, en Filipinas, que daquela estaba baixo administración estadounidense. Esta ceca estivo activa ata 1941 (cunha pausa nos anos 1923 e 1924) e nela producíronse moedas con valores de un, cinco, dez, vinte e cincuenta centavos. As moedas norteamericanas cuñadas en Manila poden carecer de marca de ceca ou amosar a letra "M".
Ademais das moedas para a súa circulación xeral nas illas Filipinas, a ceca de Manila ocupouse, a partir do seu establecemento en 1920, da cuñaxe de moedas de leprosaría para o seu uso no lazareto da illa Culión, que xa se viñan producindo desde 1913 por unha compañía privada."Culion leper colony coinage - Palawan". En History of the Philippine Coinage.
Instalacións actuais A Casa da Moeda dos Estados Unidos conta con catro cecas activas: Filadelfia, Denver, San Francisco e West Point. Ademais, forma parte tamén da institución un depósito de metais preciosos en Fort Knox, Kentucky.
miniatura|Edificio da ceca de Filadelfia
Filadelfia
A planta fabril máis grande da ceca estadounidense é a de Filadelfia, a cuarta das existentes nesta localidade ao longo da historia, que opera nunhas instalacións inauguradas en 1969.
A primeira ceca de Filadelfia establecérase en 1792, cando Filadelfia era aínda a capital dos EEUU, e comezou a cuñar en 1793. Ata 1980, as moedas procedentes desta cidade carecían de marcas de ceca (con só dúas excepcións), e nese ano asignóuselle a esta ceca a marca "P", excepto para as moedas dun céntimo.
Ata 1968, a ceca de Filadelfia foi a responsable da cuñaxe da práctica totalidade das probas numismáticas e das moedas especiais para coleccionistas. Así mesmo, nestas instalacións é onde se producen as matrices dos cuños para as moedas estadounidenses e alberga os departamentos de gravado de cuños e de deseño da Casa da Moeda dos Estados Unidos."U.S. Mint Philadelphia Facility". United States Mint.
miniatura|Edificio da ceca de Denver
Denver
A ceca de Denver comezou a súa actividade en 1863 como oficina local de ensaio de metais, só cinco anos despois da descuberta de veas de ouro naquela zona. A comezos do século XX este establecemento xa obtiña uns ingresos de cinco millóns de dólares en depósitos de ouro e prata, e en 1906 converteuse nunha nova ceca da rede da Casa da Moeda dos Estados Unidos.
Denver cuña fundamentalmente moedas para a súa circulación xeral, aínda que no pasado elaborou tamén algunha moeda conmemorativa, como a de 10 dólares en ouro dos Xogos Olímpicos dos Ánxeles de 1984. Esta ceca tamén produce os seus propios cuños, así como outros para outras ramas da US Mint.
A pesar de que as cecas de Denver e de Dahlonega comparten a letra "D" como marca de ceca, en ningún momento chegaron a estar en actividade ao mesmo tempo, polo que non se produce ningunha ambigüidade neste aspecto."U.S. Mint Denver Facility ". United States Mint.
miniatura|Edificio da ceca de San Francisco
San Francisco
A ceca de San Francisco abriu en 1854 para operar co ouro achado durante a Febre do Ouro de California, e utiliza un "S" como marca de ceca. En 1874 trasladouse a un segundo edificio, un dos poucos que sobreviviron tras o gran terremoto e o incendio de 1906, onde mantivo a súa actividade ata 1937, cando se trasladou á planta que ocupa agora. Aínda que a ceca pechou en 1955, reabriu unha década máis tarde durante a escaseza de moeda circulante de mediados da década de 1960.
En 1968, a ceca de San Francisco fíxose cargo da maioría das moedas de proba de Filadelfia.McMorrow-Hernandez, J. (2017). "US Coins: 50 Years of Modern Proof Sets". En Coin News. 25 de abril. A partir de 1975, produce unicamente moedas de proba para coleccionistas, coa excepción da moeda circulante dun dólar e unha parte da cuñaxe de moedas dun centavo a principios dos anos 80 (estes centavos son indistinguibles dos cuñados en Filadelfia)."First Production Strike of Susan B. Anthony Dollar Coin Announced by Mint Director Stella B. Hackel". United Satates Mint."U.S. Mint San Francisco Facility ". United States Mint.
miniatura|Edificio da ceca de West Point
West Point
A ceca sucursal de West Point foi a de implantación máis recente, xa que obtivo tal consideración oficial en 1988. Ten os seus antecedentes nun anterior depósito de metais preciosos amoedados e en lingotes aberto en 1937, onde tamén se cuñaran moedas dun céntimo entre 1973 e 1986, absolutamente indiferenciables dos de Filadelfia.Sieber, A. (2010). Warman's Modern US Coins Field Guide: Values and Identification. Krause Pub. Páxina 66. ISBN 978-1440213809
Na ceca de West Point cuñouse un bo número de moedas conmemorativas e en condición de proba numismática para coleccionistas, identificables pola súa marca de ceca "W". En 1996, West Point produciu moedas de dez centavos (dimes), aínda que tamén para o coleccionismo, non para circulación."Roosvelt Dimes 1996". Numismatic Guaranty Corporation.
Esta sucursal da Casa da Moeda dos Estados Unidos en West Point aínda conserva en parte a súa misión inicial de depósito reservas de metais preciosos amoedados e en lingotes, e nas súas instalacións prodúcense todas as moedas de colección e investimento en metais como a prata, o ouro, o platino e o paladio da serie American Eagle."U.S. Mint West Point Facility ". United States Mint.
miniatura|Edificio do depósito de Fort Knox
Fort Knox
Aínda que non se encargue propiamente da cuñaxe de moeda, o depósito de metais preciosos amoedados e en lingotes de Fort Knox, en Kentucky, é outra das sucursais da Casa da Moeda dos Estados Unidos. O seu propósito principal é o almacenamento das reservas destes metais existentes nos Estados Unidos."Fort Knox Bullion Depository ". United States Mint.
Funcións