Philippe Kahn, nado en París o 16 de marzo de 1952, é un matemático, innovador tecnolóxico, empresario francés. Kahn está considerado como o creador do primeiro teléfono con cámara, como un pioneiro da tecnoloxía portátil e como autor de ducias de patentes tecnolóxicas.

Traxectoria Primeiros anos e educación Kahn creceu en París. Naceu nunha familia de inmigrantes xudeus con medios modestos. A súa nai, Claire Monis, era unha supervivente de Auschwitz, violinista e tenente da resistencia francesa. O seu pai era un enxeñeiro mecánico autodidacta con inclinacións socialistas.

Kahn estudou matemáticas no ETH Zürich (Suíza), cunha bolsa completa e na Universidade de Niza Sophia Antipolis (Francia). Obtivo un mestrado en matemáticas e tamén en musicoloxía e interpretación da frauta clásica no Conservatorio de Zürich. Como estudante, Kahn desenvolveu software para o MICRAL, que está considerado polo Museo da Historia do Computador como o primeiro computador persoal baseado en microprocesadores.computerhistory.org

Compañías tecnolóxicas miniatura|Philippe Kahn traballando na primeira cámara dun teléfono miniatura|11 de xuño de 1997, Santa Cruz, California: imaxe tomada por Philippe Kahn tralo nacemento da súa filla Kahn fundou catro compañías de software: Fullpower Technologies (2003), LightSurf Technologies (1998), Starfish Software (1994) e Borland (1982).

Kahn fundou Borland en 1982, e foi o seu CEO ata 1994. Nese tempo era o competidor de Microsoft e producía compiladores de linguaxes de programación e ferramentas para o desenvolvemento de software. O seu primeiro produto, Turbo Pascal, vendíase por 49,95 dólares nun momento en que as ferramentas de programación custaban centos ou miles de dólares. Kahn foi presidente, CEO e director de Borland e pasou Borland de non ter ingresos a valer cincocentos millóns de dólares. Kahn e o consello de Borland non acordaron en que centrar a compañía e en xaneiro de 1995, Kahn foi obrigado polo consello a dimitir do seu posto como CEO.Kellner, Krey, Jeffers, Parks

Starfish Software foi fundada en 1994 por Philippe Kahn como descendente da unidade de negocios de Simplify de Borland e pola separación de Kahn de Borland. TrueSync foi o primeiro sistema de sincronización Over-The-Air (OTA). Starfish foi adquirida con éxito por Motorola por 325 millóns de dólares en 1998.

Kahn e a súa esposa Sofia cofundaron a compañía de mensaxes multimedia LightSurf Technologies en 1998. En 2005, LightSurf foi adquirida por Verisign por 300 millóns de dólares. Syniverse Technologies adquiriu Lightsurf de Verisign en 2009.

Fullpower, fundada en 2003, ofrece un ecosistema patentado para solucións de Internet das cousas con redes de sensores de apoio. A inspiración dalgúns dos seus produtos clave procede da paixón de Kahn pola navegación. Durante unha carreira que esixía aos navegantes a durmir menos dunha hora en cada período de vinte e catro horas, Kahn comezou a experimentar con biosensores e acelerómetros lineares de tres eixes que podían detectar micromovementos e achegar recomendacións. Kahn creou prototipos de rastrexadores de soño que optimizaban as sestas de vinte e seis minutos para maximizar os beneficios do soño e o tempo de navegación.

Primeira cámara nun teléfono En 1997, Kahn creou a primeira cámara nun teléfono para compartir imaxes instantaneamente en redes públicas. O ímpeto por esta invención foi o nacemento da filla de Kaha; ensamblou unha conexión entre un teléfono móbil e unha cámara dixital e enviou as fotografías en tempo real. Kahn dixo posteriormente: "sempre quixen ten este traballo a tempo para compartir a fotografía do nacemento da miña filla, mais non estaba seguro de que o fose facer. É sempre o caso de que se non fose polo último minuto, nada se faría".

En 2016 a revista Time incluíu a primeira fotografía de Kahn co seu teléfono na súa listaxe das cen fotos máis influentes de todos os tempos. En 2017, Subconscious Films creou unha curtametraxe que recreaba o día que Philippe compartiu instantaneamente a primeira fotografía cun teléfono no nacemento da súa filla Sophie.1997: The Birth of the Camera Phone, https://vimeo.com/221117048

Patentes Kahn soliciou o recibiu noventa patentes, en campos que inclúen os sensores de movemento, a tecnoloxía portátil, os GPS, a telemedicina e a monitorización do soño.

Defensa dos dereitos dos homosexuais Baixo a dirección de Kahn, Borland converteuse na primeira compañía de software que ofreceu ás parellas de feito beneficios completos e foi un pioneiro nos dereitos dos homosexuais en Silicon Valley. Kahn foi un relator clave na conferencia sobre os dereitos dos homosexuais na conferencia no campus de Apple o 19 de outubro de 1993.

Vida persoal Kahn ten catro fillos. Os tres primeiros, Laura, Estelle e Samuel, son do seu primeiro matrimonio. Despois casou con Sonia Lee, coa que ten unha filla, Sophie. Sonia cofundou con el tres das compañías de Kahn, Fullpower Technologies, LightSurf e Starfish Software.

Navegación e deportes O foco de Philippe Kahn no medio natural levouno ao deporte da navegación. O equipo de navegación de Kahn, Pegasus Racing, compite en moitos campionatos do mundo cada ano. Navegante de augas abertas con máis de dez cruzamentos transpacíficos, Kahn ten o récord do Transpac dende San Francisco a Oahu, Hawai.Transpacific Yacht Race – The perfect ride? – By Kimball Livingston, 7:40 AM o xoves 19 de maio de 2011

As súas fazañas en navegación inclúen a vitoria da división de 2009 con dous tripulantes da Transpacific Yacht Race dos Ánxeles a Hawai, e estableceu o récord de Transpac en 7 días e 19 horas, batendo o tempo previo de 10 días e 4 horas.

O fillo de Kahn, Samuel ("Shark"), tamén navega dende neno. Na súa adolescencia gañou varias carreiras destacadas, como a Melges 24 de 2003 xusto despois de cumprir quince anos. Tamén competiu contra o seu pai.

Fundación Lee-Kahn Kahn e a súa esposa Sonia manteñen a Fundación Lee-Kahn. Segundo a páxina da fundación, patrocina organizacións locais e estatais non gobernamentais centradas en causas ambientais e traballa para mellorar o acceso ao coidado da saúde, a educación e as artes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1952 Categoría:Inventores de Francia Categoría:Personalidades da empresa Categoría:Activistas LGBT de Francia Categoría:Informáticos