Charles Edward Barber, nado en Londres, Inglaterra, o 16 de novembro de 1840, e finado en Filadelfia, Pensilvania, o 18 de febreiro de 1917, foi un deseñador e gravador de moeda, o sexto en ocupar o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, desde 1879 ata o seu falecemento."Charles E. Barber". Barber Coin Collector's Society."Charles Edward Barber". En Find a grave.
A carreira de Barber, sempre relacionada coa moeda, foi longa e frutífera, xa que el foi o responsable do deseño da maioría das moedas producidas pola US Mint durante o seu período como gravador xefe, á parte dunhas 30 medallas ao longo da súa vida."Charles Barber". Smithsonian American Art Museum.
Ademais das series de moeda circulante para os EEUU, destacan entre as súas creacións diversas moedas conmemorativas, algunhas delas en asociación co seu gravador axudante George T. Morgan. Barber ocupouse dos anversos e Morgan dos reversos de varias destas moedas, como é o caso do medio dólar colombiano ou o medio dólar da Exposición Panamá-Pacífico de San Francisco, en 1915. Para países estranxeiros Barber deseñou tamén algunhas moedas, como a serie do dólar hawaiano de 1883 e diversos valores en centavos de peso para Cuba en 1915.
Traxectoria
Vida familiar esquerda|miniatura|160px|Fotografía de Charles E. Barber. Charles E. Barber era fillo de William Barber, quen o precedeu no posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos. O nome da súa nai era Anna Maria e Charles tivo un irmán e dúas irmás.Evans, G. G. (1885). Páxina 116.Frost, J. (2018). "Fascinating New Discoveries regarding Father-Son Mint Engravers William & Charles Barber". Conferencia na Convención da American Numismatic Assiciation. Filadelfia, 17 de agosto.
En 1852 emigrou aos EEUU desde a súa Inglaterra natal xunto coa súa familia.
En 1869, cando tiña 29 anos, foi nomeado gravador axudante da ceca de Filadelfia, unha das que compoñen a US Mint. Once anos máis tarde, o 20 de xaneiro de 1880, foi nomeado polo presidente Rutherford B. Hayes para suceder o seu pai no posto de gravador xefe. Stauffer, D. M. (1907).
Charles Barber casou en primeiras nupcias con Martha E. Jones, quen faleceu en 1899. En 1902 contraeu novamente matrimonio, con Caroline Gaston (1846-1950), que sería a súa muller ata a morte de Barber en 1917."Caroline Gaston Barber". En Find a Grave. Do seu primeiro matrimonio naceu unha filla en 1875, Anna May, que morreu en 1876. Dez anos máis tarde, Charles e Martha tiveron unha segunda filla, chamada Edith (1886-1970), que custodiou os arquivos persoais do seu pai antes de pasar aos Arquivos Nacionais dos EEUU.Frost, J. (2018 -d-).
Viaxe por Europa Por petición do presidente Roosevelt e do director da ceca estadounidense, George E. Roberts, Barber fixo en 1905 unha viaxe por Europa para visitar varias casas de moeda, nunha misión de intercambio de información, co obxectivo de observar e comentar as prácticas habituais nas cecas europeas e mellorar logo a eficiencia da US Mint. Os informes que redactou á súa volta para a súa entrega a Roberts, xunto con algúns apuntamentos autógrafos do propio Barber, forman parte hoxe do acervo dos Arquivos Nacionais dos Estados Unidos.Frost, J. (2018 -b-).
Barber soubo conciliar a perspectiva profesional da viaxe cunha vertente máis familiar, xa que se acompañou da súa segunda esposa, Caroline, e a súa filla Edith, que daquela tiña 19 anos. No diario da viaxe escrito por esta última detállanse datos do seu itinerario, así como diversas reflexións persoais sobre o seu pai.
Personalidade e relacións persoais
miniatura|300px|Os gravadores da ceca de Filadelfia en 1910. Charles E. Barber e o seu axudante, George T. Morgan, son, respectivamente, o segundo e terceiro dos sentados (de esquerda a dereita).
Malia terse escrito moito acerca da hostilidade existente entre Barber e o seu axudante Morgan, en recentes investigacións quedou concluintemente refutada tal relación, algo, por outra banda, esperable, á vista dunha carreira conxunta na Casa de Moeda dos EEUU ao longo de 40 anos.Frost, J. (2018 -c-). Frost, J. (2018 -e-).
Asemade, tamén rexeitando algunha hipótese en sentido contrario, a relación persoal entre Barber e o presidente Theodore Roosevelt foi sempre cordial. Malia ser certo que Roosevelt quixo que a moeda dos EEUU nos inicios do novo século tivese un aspecto máis moderno, polo que solicitou tamén propostas de deseño doutros artistas externos á US Mint, iso non empanou a relación entre ambos. Os descendentes de Barber posúen obxectos que proban unha cálida relación persoal.
No aspecto artístico, recibiu nalgunha ocasión críticas pola escasa imaxinación plasmada nos seus deseños. Porén, autores como R. W. Julian suxiren que Barber "era quen de facer traballos magníficos cando se lle deixaban libres as mans".Julian, R. W. (2018).
É unha evidencia que Charles Barber foi unha persoa respectada e apreciada dentro do Departamento do Tesouro e da Casa de Moeda dos Estados Unidos; ata tal punto que as bandeiras da ceca de Filadelfia ondearon a media hasta o día do seu funeral, por decisión do director da institución. Desde aquel momento, ningún outro funcionario da Casa da Moeda, independentemente do seu rango, volveu recibir honra semellante.
Charles E. Barber morreu o 18 de febreiro de 1917 e foi soterrado tres días máis tarde xunto coa súa primeira esposa Martha e a súa filla Anna May no cemiterio Mount Peace, de Filadelfia.Frost, J. (2018 -a-).
Barber foi sucedido por George T. Morgan como gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos.
Obras sobranceiras
Moeda circulante
Serie Barber de moeda circulante (1892-1916): 10 cents (dime), 1/4 dólar e 1/2 dólar.Feigenbaum, J. (1999)."Charles E. Barber. US Coin Chief Engraver and Designer". USA Coin Book."¼ dollar 'Barber Quarter'"". Numista. Moeda de cinco centavos coa cabeza da Liberdade no anverso (1883-1912)."5 cents Liberty nickel". Numista.
Emisións conmemorativas
Anverso do medio dólar colombiano (1892-1893)."½ Dollar Columbian Exposition". Numista."Silver Commemoratives: 1893 Columbian 50C". Numismatic Guaranty Corporation. Cuarto de dólar colombiano (1893), coa figura de Isabel I de Castela."¼ Dollar "Isabella Quarter" Columbian Exposition". Numista. Dólar Lafayette, conmemorativo da Exposición Universal de París de 1900.""1 Dollar Lafayette". Numista. Dólar de ouro conmemorativo da Exposición Universal de San Luís de 1904 (1903)."1 Dollar Thomas Jefferson" e "1 Dollar William McKinley". Numista. Dólar de ouro da Exposición de Lewis e Clark, en Portland, Oregón, de (1904-1905)."1 Dollar Lewis and Clark". Numista. Anverso do medio dólar e dos 2,5 dólares da Exposición Panamá-Pacífico, en San Francisco, de 1915."½ dollar" e "2½ dollars", Panama-Pacific Exposition. Numista. Anverso do dólar de ouro na honra de William McKinley (1916-1917)."1 dollar McKinley Birthplace Memorial". Numista.
Moedas estranxeiras
Serie circulante do dólar hawaiano para o Reino de Hawai a nome de Kalākaua I (1883): 10 cents, 1/8, 1/4, 1/2 e 1 dólar."10 cents", "1/8 dollar", "1/4 dollar", "1/2 dollar", "1 dollar". Numista. Serie de moedas da provincia chinesa de Sichuan (1897)."NGC 1897 Szechuan Ferracute Pattern Set Gallery". Numismatic Guaranty Corporation. 1 peso de Cuba de 1898."1 Peso". Numista. Serie circulante de Cuba (1915-1961): 1, 2, 5, 10, 20 e 40 centavos, 1 peso (AG), e 1, 2, 4, 5, 10 e 20 pesos (AU)."1 centavo", "2 centavos", "5 centavos", "10 centavos", 20 centavos", "40 centavos", "1 peso (AG)", "1 peso (AU)", "2 pesos", "4 pesos" "5 pesos", "10 pesos", "20 pesos". Numista.
Probas e pezas experimentais
1/2 dólar, 1877."½ Dollar "1877" Pattern". Numista. 1/4 dólar Washlady, 1879."Barber Patterns". Barber Coin Collector's Society. 4 dólares Stella (1880)."4 dollars "1880 Stella" pattern". Numista. Metric Dollar (1880)."1 dollar '1880 Metric Dollar'". Numista. 1/2 dólar de 1891, con Columbia en pé no anverso. Pezas experimentais de 1 cent e de 5 cent en cuproníquel (1896)."1 cent 1896 pattern" e "5 cents 1896 nickel pattern". En Numista.
Medallas
Centenario da descuberta do pico Pikes, en Colorado (1906)."Pike's Peak, "Southwest Expedition" Centennial. 1906". En So-Called Dollars. Centenario da sinatura dos Estados Unidos (1876)."Washington Grant". Numista. Centenario da independencia dos Estados Unidos (1878)."US Centennial Exposition Official Medal". Numista. Centenario do Gran Selo dos EEUU (1882)."Great Seal Centennial Commemorative Medal". New York Historical Society. Exposición Colombiana de Chicago, 1893 (reverso)."1893 Chicago Columbian Exposition Medals". Expomedals.com"World's Columbian Exposition Commemorative Presentation Medal". Metropolitan Museum of Art. Anverso da medalla presidencial: Theodore Roosvelt (1905).Theodore Roosevelt U.S. Mint Presidential Medal". Smithsonian American Art Museum."1905 Theodore Roosevelt Inaugural Medals". Numismatic Guaranty Corporation.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Serie Barber
Casa da Moeda dos Estados Unidos Casa da Moeda de Filadelfia Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Bibliografía
Bowers, Q. D. (2019). A Guide Book of Barber Silver Coins. Whitman Publishing. ISBN 978-0794846381 Evans, G. G. (1885). Illustrated History of the United States Mint with a Complete Description of American Coinage. George G. Evans. Filadelfia. Feigenbaum, J. (1999). The Complete Guide to Certified Barber Coinage. DLRC Press. ISBN 1-880731-61-4 Frost, J. (2018 -a-). "Searching for Charles Barber, Part 1". En Journal of the Barber Coin Collectors' Society. 29: 20-27. Frost, J. (2018 -b-). "Searching for Charles Barber, Part 2 - The European Trip of 1905". En Journal of the Barber Coin Collectors' Society. 29, #2: 20-29. Frost, J. (2018 -c-). "In Search of Charles Barber, Part 3 - Rewriting the History Books". En Journal of the Barber Coin Collectors' Society. 29, #3: 20-29. Frost, J. (2018 -d-). "John Fort's William Barber display at the ANA: Barber's European Trip". En The E-Grobecht. Vol. 14. Nº 9. Setembro. Liberty Seated Collectors Club. Páxina 18. Frost, J. (2018 -e-). "Reimagining the Barbers". En The Numismatist. Agosto. American Numismatic Association. Páxinas 49-61. Julian, R. W. (2018). "Charles Barber's dime: Mint engraver's design appreciated by dedicated collectors". En Coins Magazine. Marzo. Stauffer, D. M. (1907). Biographical sketches, illustrated. Index to engravings described with check-list numbers and names of engravers and artists. Grolier club da cidade de Nova York. Du Bois, P. (1883). "Our Mint Engravers". En American Journal of Numismatics, and Bulletin of the American Numismatic and Archaeological Society. American Numismatic Society. 18 (1): 12-16. Adams, E. H.; Raymond, W. (1917). Coin & Medal Bulletin, Vol. 2, Nº 3. Washington University Libraries.
Ligazóns externas
Exposición sobre William Barber e Charles E. Barber. American Numismatic Society. Filadelfia. 2018. Barber Coin Collector's Society
Categoría:Finados en 1917 Categoría:Nados en 1840 Categoría:Nados en Londres Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa