Bryan "Butch" Vig, nado o 2 de agosto de 1955 en Viroqua, Wisconsin, é un músico e produtor musical estadounidense, coñecido por ser o batería da banda de rock alternativo Garbage e por ter producido o álbum Nevermind de Nirvana.
Traxectoria Vig estudou piano durante seis anos, pero, despois de ver a The Who actuar no programa de The Smothers Brothers, cambiou o seu piano por unha batería de 60 dólares .
Mudouse a Madison e matriculouse na University of Wisconsin para estudar dirección de cine, onde coñeceu a Steve Marker. Vig contribuíu coas súas composicións en bandas sonoras de películas de baixo presuposto, e mentres estaba en Madison uniuse a varias bandas de garage pop. En 1978 formou Spooner con Duke Erikson, Dave Benton, Jeff Walker e Joel Tappero. Spooner fundou o seu propio selo, Boat Records, para publicar as súas propias gravacións e as dunhas 20 bandas locais máis.
No ano 1984, Vig e Marker fundaron os Smart Studios en Madison, mentres seguía tocando a batería en Spooner pola noite e conducía un taxi polo día. Cando Spooner perdeu folgos, Vig formou unha banda chamada First Person con Marker e Phil Davis, e un proxecto paralelo chamado Fire Town con Davis e Erikson. Fire Town converteuse rapidamente na prioridade de Vig, e despois do seu primeiro álbum asinaron con Atlantic Records. Atlantic contratou ao produtor Michael Fondelli para que traballase no segundo álbum da banda. A pesar de que as sesións non foron ben e o resultado foi un fracaso, Vig aprendeu moito sobre técnicas de produción no proceso. Fire Town separouse, e Vig reformou Spooner para un último álbum antes de que se adicase á produción a tempo completo.
Carreira como produtor Butch Vig comezou a facerse un nome no negocio da música en 1991, cando se encargou da produción dos discos Gish de The Smashing Pumpkins e Nevermind de Nirvana, o disco que os faría coñecidos en todo o mundo. Grazas ao seu traballo, Billy Corgan convidou a Butch a producir o segundo disco dos Pumpkins, Siamese Dream, editado en 1993, que foi todo un éxito tanto comercialmente como de crítica, e impulsou a carreira da banda cara ao gran público. Vig tamén produciu dous aclamados álbums de Sonic Youth, o Dirty de 1992 e o Experimental Jet Set, Trash and No Star de 1994.
Vig traballou con Jimmy Eat World no seu sexto álbum, Chase This Light, editado en outubro do 2007. A súa primeira produción dunha banda inglesa foi o álbum All or Nothing de The Subways, no ano 2008. Tamén traballou con Tom Gabel de Against Me! no seu EP en solitario Heart Burns. Encargouse, xunto coa banda, do oitavo álbum de Green Day 21st Century Breakdown, aparecido no 2009.
Outro dos seus últimos traballos foi a produción dun disco da banda de rock alternativo Foo Fighters.
Garbage No ano 1994, Vig, xunto con Duke Erikson e Steve Marker fundaron a banda Garbage. Posteriormente uniríaselles Shirlay Manson como vocalista para rematar a formación. O grupo leva editados ata a data catro álbums de estudio.
Producións
1982: Die Kreuzen - Internal 1984: Killdozer - Intellectuals Are the Shoeshine Boys of the Ruling Elite 1985: The Other Kids - Living In The Mirror 1985: Killdozer - 12 Point Buck 1985: Killdozer - Snakeboy 1987: The Other Kids - Happy Home 1987: Killdozer - Little Baby Buntin''' 1988: Die Kreuzen - Century Days1988: The Cheeters - Sign of Fire1989: Killdozer - For Ladies Only1989: Stuart Stotts - Music in My Mother's House 1990: Urge Overkill - Americruiser 1990: King Snake Roost - Ground into Dirt1990: Laughing Hyenas - Life of Crime 1990: The Fluid - Glue 1991: The Fluid - Spot the Loon 1991: The Smashing Pumpkins - Gish1991: Nirvana - Nevermind 1991: Tad - 8-Way Santa 1991: Young Fresh Fellows - Electric Bird Digest1991: Overwhelming Colorfast - Overwhelming Colorfast 1991: Die Kreuzen - Cement 1992: Sonic Youth - Dirty 1992: L7 - Bricks Are Heavy 1992: Chainsaw Kittens - Flipped Out in Singapore 1992: Drain - Pick Up Heaven 1992: Gumball - Wisconsin Hayride 1993: Gumball - Super Tasty1993: Gumball - The Damage Done 1993: Crash Vegas - Stone1993: The Smashing Pumpkins - Siamese Dream 1993: Gumball- Real Gone Deal1994: Sonic Youth - Experimental Jet Set, Trash and No Star 1994: Helmet - Betty 1994: Freedy Johnston - This Perfect World 1994: Killdozer - Uncompromising War on Art Under... 1995: Soul Asylum - Let Your Dim Light Shine1995: Garbage - Garbage1997: The And - Day1997: The And - And Night1998: Garbage - Version 2.02001: Garbage - Beautiful Garbage2003: AFI - Sing the Sorrow 2005: Garbage - Bleed Like Me2006: Kilroy - LP2007: Jimmy Eat World - Chase This Light2007: Against Me! - New Wave2008: The Subways - All or Nothing2008: Tom Gabel - Heart Burns2009: Green Day - 21st Century Breakdown2009: Foo Fighters - Greatest Hits 2010: Against Me! - White Crosses2010: Muse - "Neutron Star Collision (Love Is Forever)" 2010: Never Shout Never - Harmony2011: Foo Fighters - Wasting Light''
Categoría:Produtores musicais Categoría:Baterías Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Nados en 1955