San Esteban de Gormaz é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 3.223 (INE 2012) repartidos en máis de 20 localidades.

Foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Debido ao influxo romano, conserva nos muros restos de epigrafía romana, funeraria e relixiosa e restos medievais de igrexas e fortificacións. Foi repoboada en 912, en 917 o rei de Galiza Ordoño II venceu unha incursión árabe nesta localidade. Foi considerada unha das portas de Castela e durante o século X, un campo de batalla pola súa importancia estratéxica na liña defensiva do río Douro.

Os monumentos

San Esteban ten dous edificios de Ben de Interese Cultural: A Igrexa Románica de San Miguel. Foi construída en 1081. É a primeira que a converte na primeira igrexa románica portificada da provincia e unha das primeiras de Castela e León. A Igrexa de Nosa Señora do Rivero tamén é románica, do século XII. É o templo de maior devoción na Vila, onde está a Virxe do Rivero.

A Plaza Mayor da vila ten forma cadrada e está formada por un conxunto de edificacións portificadas.

Na fachada occidental está o concello. O inmoble foi levantado a imitación doutro que ocupou o mesmo lugar dende 1629 a 1966, ano no que foi substituído.

En 1994 a duquesa de Alba (condesa de San Esteban) inaugurou o actual concello.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Categoría:Concellos da provincia de Soria