O estremeño (estremeñu) é un conxunto de variedades lingüísticas románicas vernáculas, relacionadas co grupo lingüístico asturleonés; faladas en Estremadura e zonas adxacentes da provincia de Salamanca (non confundir co castúo, unha variedade de castelán falada en Estremadura).
Algunhas fontes ―como o Ethnologue― clasifican ao estremeño como unha variante do castelán, sendo que o estremeño parece ter características de transición entre o castelán e o grupo asturleonés. https://www.ethnologue.com/language/ext A ONU identifica ao estremeño como lingua, na lista negra polo perigo de desaparecer; e solicita que o goberno de Estremadura sexa recoñecido pola súa preservación cultural no seu Estatuto de Autonomía, desde a UNESCO e o Consello de Europa, a través do Tratado CELR; obrigan a promovela, así como a protexer o resto das linguas da comarca.
A Estremadura occidental foi reconquistada polo Reino de León, sendo o asturleonés o dialecto histórico latino usado polos repoboadores, que comezaron coa repoboación da actual zona altoestremeña ao redor do século XII.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en estremeño Ortografía do estremeño Diferenzas entre o asturiano e o estremeño
Categoría:Lingua asturleonesa Categoría:Linguas de España