O ouriolo europeo (Oriolus oriolus), comunmente coñecido como ouriolo, milleiro, nicolao, vichelocrego e papafigo, é o único membro da familia dos ouriolos que vive nas zonas tépedas do hemisferio norte. Especie migratoria, vese en verán en Europa e nas rexións occidentais de Asia, mentres que o inverno o bota nos trópicos.
Distribución e características Habita en árbores grandes de folla caduca en bosques, soutos, carballeiras e parques, a miúdo nas ribeiras dos ríos. Fai un niño moi limpiño e estábel durante anos na gallada das pólas, adoito en amieiros, e contén entre tres e seis ovos. A femia do ouriolo europeo comeza tarde a facer no niño e a incubación dura uns quince días.
A súa alimentación baséase en insectos e froita, especialmente figos e cereixas, de aí que nalgunhas partes se lle chame galo cereixeiro. En tamaño é coma o merlo, ou incluso lixeiramente maior (24 cm e 72 g de media).
O macho ten un colorido moi particular que o fai inconfundíbel con calquera outra ave ou paxaro galego. Ten o corpo dun amarelo brillante e as ás e parte da cauda negra. A femia, pola contra, é verde e gris, e resulta moi discreta nos nosos bosques. Os ouriolos europeos son tímidos e espantadizos de xeito que é moi complexo albiscalos malia a dourada plumaxe dos machos.
O seu nome procede do canto, unha longa frase (uilauiuuuu) que imita a palabra vichelocrego. Unha das variantes en galego, tamén moi estendida, é oureol, que fai referencia á cor dourada dos machos.
No voo imita os tordos, cun trazado moi directo e veloz, sen apenas oscilacións en distancias medias.
O ouriolo europeo na cultura popular dereita|miniatura|200px|Escudo de Ourol.
O ouriolo europeo aparece mencionado nunha sentenza de Confucio, que di:
No Clásico da Poesía lese que "O vichelocrego pousa no ladiño do outeiro". E dixo o Mestre: "Pousa, e ben sabe onde. E por que non ha facer o home como ese paxariño?" (Lunyu, 3,2)
Aparece no escudo e na bandeira do concello lugués de Ourol.
Outros nomes galegos
Téñense rexistrado en distintas fontes moitos nomes galegos para esta mesma ave, algúns populares e outros máis literarios. aropendra, maripéndola, milpéndola, milpéndora, milpréndega, milpréndiga, ouripenlo aureol, oriolo, oureal, oureol, ouriol, ourol avión (en Xunqueira de Ambía) bagullo barazán (o nome procede do feito de facer o niño con anacos de corda, trapos etc., é dicir, con barazas) bicho do crego, crego, crego amarelo, pica crega cereixeiro (porque disque gusta moito das cereixas e dos figos, de aí tamén o nome de papafigos) domingo lirón gaimarelo, gaio real, gaio bravo, gaio cereixeiro, gaio de braña, papagaio lapafigos, papafigo, papafigos, figomarelo manga amarela / marela mariarrosa, maría-viou (din os rapaces: Maria Viou, ¿teu pai mellorou?, e a ave responde: Mellorou, mellorou) mareleiro merlo gaiolo, merlo marelo, merlo rei millán garrido, millarou, milleiro, vilau garrido mingulirón nicolao oubión pedro-pequeno pitioghó (citado por Pérez Patiño) reboleirón, regoleirón riádigo, viádigo rodrigo, rodrigo liro, ringuileirón, rodrigavión, rogavión, figorrodrigo tiroliro
Notas
Categoría:Oriólidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia