A dos mitilinos (Mytilinae) é unha subfamilia de moluscos bivalvos mariños da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos e familia dos mitílidos.Mytilinae Rafinesque, 1815 no WoRMS. Consultada o 4 de xaneiro de 2020.
A subfamilia abrangue varios xéneros que comprenden especies vulgarmente coñecidas como mexillóns.<ref>mexillón no Dicionario da RAG.</ref>
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, interesado, entre outros numerosos temas, pola zooloxía, en especial pola malacoloxía, na súa obra Analyse de la Nature ou Tableau de l'univers et des corps organisés, editada en Palermo.
Etimoloxía O nome científico Mytilinae está formado sobre a base da raíz Mytil- do seu xénero tipo, Mytilus, engadíndolle o sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.
(Para a etimiloxía de Mytilus, véxase Mytilus).
Sinónimos Ademais de polo nome que lle impuxo Rafinesque (protónimo), e que é o actualmente válido, a sufmailia coñeceuse tamén polos sinónimos: Brachidontinae Crenomytilinae Perninae Xenomytilinae Xéneros Na actualidade (2020) recoñécense na subfamilia od seguintes xéneros: Aulacomya Mörch, 1853 Choromytilus Soot-Ryen, 1952 Crenomytilus Soot-Ryen, 1955 Ischadium Jukes-Browne, 1905 Mytilus Linnaeus, 1758 Perna Philipsson, 1788 Semimytilus Soot-Ryen, 1955
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184. Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics 28 (1): 32-115. Gosling, E. M. (2003): Bivalve Molluscs. Biology, Ecology and Culture PDF. Oxford, UK: EnglandFishing News Books (Blackwell Publishing). ISBN 0-8523-8234-0.
Outros artigos Bivalvos Pteriomorfios Mitílidos Miticultura Mexillón Mytilus''
Categoría:Mitílidos