Europa dos Pobos (EdP) é unha coalición de partidos políticos nacionalistas de esquerda de diversas rexións de España, formada inicialmente para participar nas Eleccións ó Parlamento Europeo de xuño do 2004, nas cales acadaron un escano que ocupou Mikel Irujo. A coalición reivindica, entre outros, a constitución das institucións europeas nunha estrutura bicameral; o recoñecemento oficial a nivel europeo de tódalas linguas do continente; o desenvolvemento de eurorrexións; e unha maior transparencia e apertura na xestión da Unión Europea.
Partidos membros Os partidos que compoñen Europa dos Pobos son: : Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) : Eusko Alkartasuna (EA) : Chunta Aragonesista (CHA) : Partido Socialista de Andalucía (PSA) : Andecha Astur (AA) : Conceju Nacionaliegu Cántabru (CNC) : Iniciativa Ciudadana (ICLR) Alternativa Popular Canaria non formou parte da coalición, se ben pediu o voto para a mesma.
Categoría:Organizacións políticas de España Categoría:Nacionalismos sen estado de Europa