John Frank Stossel, nado en Chicago Heights o 6 de marzo de 1947, é unha personalidade televisiva, escritor e comentarista político libertario estadounidense.

En outubro de 2009, Stossel deixou o seu traballo tras moitos anos en ABC News para unirse a Fox Business Channel e a Fox News Channel. É o presentador dun programa semanal de novas en Fox Business chamado Stossel, que foi emitido por primeira vez o 10 de decembro de 2009. Stossel tamén achega análises de xeito regular en varios programas de Fox News, entre eles The O'Reilly Factor. Tamén escribe un blog en Fox News, "John Stossel's Take". Stossel foi columnista de xornais sindicado a nivel federal dende febreiro de 2011.

O estilo de Stossel combina reportaxes con comentario. Este último reflicte unha filosofía libertaria e posicións sobre a economía que son en gran medida en apoio do libre mercado.Johnson, Carlisle (15 de xaneiro de 2008). "Interview with John Stossel by Carlisle Johnson" . Universidade Francisco Marroquín (Guatemala) Comezou a súa carreira como xornalista como investigador de KGW-TV, foi reporteiro do consumidor en WCBS-TV na cidade de Nova York, e posteriormente uniuse a ABC News como editor de consumidores e reporteiro en Good Morning America. Stossel pasou logo a ser correspondente de ABC News, uníndose ao programa semanal de revista 20/20, do que chegou a converterse en copresentador.

Como reporteiro, Stossel recibiu numerosos premios, entre eles dezanove premios Emmy, e foi honrado en cinco ocasións por excelencia na reportaxe sobre temas do consumidor polo National Press Club.Myths, Lies, and Downright Stupidity. Fraser Institute. Publicado o 3 de xullo de 2006. Consultado o 21 de xullo de 2009. En 2011, John Stossel recibiu o título de doutor honoris causa na Universidade Francisco Marroquín. Tamén escribiu dous libros que contan como as súas experiencias no xornalismo definiron as súas posicións socioeconómimcas, Give Me a Break en 2004 e Myths, Lies, and Downright Stupidity en 2007. Stossel tamén foi o voceiro da Fundación de Tartamudez dos Estados Unidos."Stuttering Didn’t Silence His Story: 20/20’s John Stossel Inspires Others". The Stuttering Foundation. 1 de maio de 2006

Opinións Libertarianismo Como libertariano, Stossel di que cre tanto na liberdade persoal"Conferencia sobre The Myths, Lies and Downright Stupidity " na Universidade Francisco Marroquín. Guatemala, xaneiro de 2008 e o mercado libre. Adoita empregar o seu tempo na televisión para expresar estes puntos de vista e desafiar a desconfianza do público sobre o capitalismo e a competencia económica.

Ciencia En 2014, Stossel afirmou que "non hai bos datos que indiquen que o fume de segunda man mate xente". Existe consenso científico sobre que o fume de segunda man é perigoso.

No primeiro capítulo de Fox Business Channel, Stossel burlouse dos científicos por advertir sobre o cambio climático. Stossel está en desacordo cos científicos sobre o quecemento global, rexeitando a idea de que terá consecuencias negativas, indicando que houbo períodos máis quentes na historia da humanidade.

Vida persoal Stossel vida en Nova York coa súa esposa, Ellen AbramsWiggins, James, V.I.P Address Book (2008), páx. 653 e fillos, Lauren e Max.

Stossel asumiu a súa herdanza familiar asquenací tras casar coa súa esposa, que tamén é xudía. Criaron os seus fillos como xudeus.Blaze>Hallowell, Billy (13 de decembro de 2012). "Did You Know John Stossel Is an Agnostic? Watch Him Challenge Fox’s Gretchen Carlson on Religion". The Blaze.</ref>Gonczi, Esther (4 de marzo de 2001). "King David Society Praises Generosity" . Sun-Sentinel. Stossel indentificouse como agnóstico en "Skeptic or Believer", episodio do 16 de decembro de 2010 de Stossel, explicando que nonn cría en Deus, pero que estaba aberto a posibilidade de que existise.

O 20 de abril de 2016, Stossel, a pesar de que nunca fumou, anunciou que tiña cancro de pulmón, e que como resultado do seu descubrimento temperán, un quinto dun dos seus pulmóns foille extraído cirurxicamente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

ABC News Biography Johnson, Peter. "Stossel's evolution from activist to contrarian angers some of his fans", USA Today, 30 de abril de 2006 "John Stossel: Myth-Buster", FrontPageMag.com Sullum, Jacob. "Risky Journalism: ABC's John Stossel bucks a fearful establishment" Reason, abril de 1997.

Categoría:Nados no condado de Cook, Illinois Categoría:Nados en 1947 Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Presentadores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía