Harald Høffding, nado en Copenhague o 11 de marzo de 1843 e finado ibídem o 2 de xullo de 1931, foi un filósofo danés.

Biografía Estudou filosofía e teoloxía e obtivo o doutoramento en 1870 coa tese Dean antike Opfattelse af Menneskets Villie (en ). En 1880 foi nomeado profesor extraordinario e en 1883 profesor ordinario de filosofía na Universidade de Copenhague, da que foi reitor o curso 1902-03.

Na súa obra foi influído por Søren Kierkegaard pero decantouse despois polo positivismo. Foi un autor moi prolífico con numerosos libros e artigos; tamén sobre ética, psicoloxía, e filosofía da relixión. Entre eles, tamén publicou estudos sobre outros autores como Kierkegaard, Jean-Jacques Rousseau, Henri Bergson (que lle respondeu cunha carta) ou Baruch Spinoza.

A súa obra foi traducida ao alemán e ao inglés, difundíndose por Europa. Entre os libros máis coñecidos está a historia da filosofía Dean nyere Filosofes Historie.

Publicacións miniatura|Filósofos contemporáneos, de Høffding, en tradución ao castelán de Eloy Luís André. Den engelske Filosofi i vor Tid (1874) Etik (1876) Psykologiske Undersøgelser (1889) Charles Darwin (1889) Psychologi i Omrids paa Grundlag af Erfaring (1892) Kontinuiteten i Kants filosofiske Udviklingsgang (1893) Den nyere Filosofis Historie, en Fremstilling af Filosofiens Historie fra Renaissancens Slutning til vore Dage (1894–1895, 2 dele) Det psykologiske Grundlag for logiske Domme (1899) Mindre Arbejder (1899) Rousseau und seine Philosophie (1901) Religionsfilosofi (1901) Filosofiske Problemer (1902), Moderne Filosofer (1904), Mindre Arbejder, II Rk. (1905), Lehrbuch der Geschichte der neueren Philosophie (1907), Danske Filosofer (1909), Religion og Videnskab (1910), Den menneskelige Tanke, dens Former og dens Opgave (1910), Personlighetsprincipen i Filosofin (1911), Mindre Arbejder, III Rk. (1913), Henri Bergson's Filosofi (1914), Totalitet som Kategori (1917), Spinoza's Ethica. Analyse og Karakteristik (1918), Ledende Tanker i det nittende Aarhundrede (1920), Den store Humor (1923), Erindringer (1928) Ferdinand Tönnies – Harald Höffding. Briefwechsel (toim. Cornelius Bickel/Rolf Fechner, Berliini 1989)

Véxase tamén Bibliografía

Caio Souto (2015). Apresentação de Harald Høffding p. 142-143, en Ipseitas, vol. 1, n. 2 Universidade Federal de São Carlos . Jørgen Jørgensen: "Harald Høffding" en: Will Durant: Store Tænkere, traducido e editado por Krista e Jørgen Jørgensen; Copenhague 1952; pp. 368–383 .

Ligazóns externas Harald Høffding: "Demokratisk Radikalisme. En Indsigelse" (Tilskueren 1889) . "Søren Kierkegaard. En Karakteristik" (Ord och Bild 1902, s. 449-460) .

Categoría:Filósofos de Dinamarca Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1931