Iraq presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2005. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2024, Iraq presentou trece filmes ó Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Iraq para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Título orixinal Lingua Director Resultado 2005(78ª) Marsiyeh barf Marsiyeh barf Kurdo 2006(79ª) Ahlaam Ahlaam Árabe 2007(80ª) Jani Gal Jani Gal Kurdo 2010(83ª) Son of Babylon ابن بابل Árabe 2014(87ª) Mardan Mardan Kurdo 2015(88ª) Bîranînen li ser kevirî Bîranînen li ser kevirî Kurdo Shawkat Amin Korki 2016(89ª) El clásico ئێل کلاسیکۆ Kurdo Halkawt Mustafa 2017(90ª) Reṣeba العاصفة السوداء Árabe e kurdo Hussein Hassan 2018(91ª) The Journey الرحلة Árabe Mohamed Al-Daradji 2021(94ª) Europa أوروبا Árabe, búlgaro e inglésHaider Rashid 2022(95ª) Ezimûn ئەزموون Kurdo Shawkat Amin Korki 2023(96ª) Janain mualaqa جنائن معلقة Árabe Ahmed Yassin Al Daradji 2024(97ª) Baghdad Messi ميسي بغداد Árabe e kurdo Sahim Omar Kalifa 2025(98ª) Mamlaket al-qasab مملكة القصب Árabe Hasan Hadi

Notas

Categoría:Cinema de Iraq Iraq