Para a Condesa de Flandres (1206-1244), ver Xoana I de Flandres.
miniatura| Xoana de Flandres Xoana de Flandres, nada en 1295 e finada en 1374, era unha princesa francesa filla de Lois I de Flandres, conde de Nevers, e de Xoana de Rethel, condesa de Rethel. Traxectoria Guerra de Sucesión da Bretaña Á morte de Xoán III da Bretaña, Xoán de Monfort disputoulle o ducado á súa sobriña Xoana de Penthièvre, o que levou a unha guerra de vinte anos chamada Guerra dos dous Xoáns ou Guerra de Sucesión da Bretaña. Cando Xoán de Montfort foi feito prisioneiro, Xoana tomou a dirección dos seus exércitos e continuou a loita, permitindo ao seu fillo Xoán (V ou VI) (segundo as distintas fontes) conquistar o Ducado da Bretaña.
Xoana de Flandres tamén é famosa por unha acción espectacular: mentres as tropas de Carlos de Blois cercaban Hennebont, onde estaba Xoana, conseguiu galvanizar as tropas e os civís tan ben que todos os ataques foron rexeitados. Unha noite, á fronte dun destacamento de soldados, saíu da cidade e prendeu lume ás tendas das tropas do adversario. Máis tarde, grazas a isto, conseguiu chegar a Auray, desde onde puido levar 600 cabaleiros, o que permitiu a liberación da cidade. Despois diso, Xoana de Flandres pasou a chamarse Xoana a Chama.
Matrimonio e descendencia miniatura| Xoana a Chama en Hennebont. Casou con Xoán II de Montfort (1294-1345), conde de Montfort, e tivo a:
Xoán V (ás veces Xoán VI), coñecido como o anglófilo (m. 1399), duque da Bretaña e conde de Richmond. Xoana (1341 - 1399), casada con Ralph Basset de Drayton.
Devanceiros
Véxase tamén
Categoría:Historia militar Categoría:Duques da Bretaña Categoría:Finados en 1374