Xordania presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 2008. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2024, Xordania presentou oito filmes para o Óscar ó mellor filme internacional, conseguindo un nomeamento na 88ª edición dos premios.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Xordania para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Título en árabe Director Resultado 2008(81ª) Captain Abu Raed كابتن أبو رائد 2015(88ª) Theeb ذيب 2016(89ª) 3000 Nights 3000 ليلة 2020(93ª) 200 Meters 200 Meters 2021(94ª) Amira أميرة 2022(95ª) Farha فرحة 2023(96ª) Inshallah walad إن شاء الله ولد 2024(97ª) My Sweet Land Տունս քաղցր ա
Notas
Categoría:Cinema de Xordania Xordania